Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid de Xabi Alonso tropeza diante do Al Hilal (1-1)

O Real Madrid de Xabi Alonso tropeza diante do Al Hilal (1-1)

O canteirán Gonzalo marcou o primeiro gol do partido

Valverde fallou un penalti no engadido

G24.gal 18/06/2025 22:53

A estrea de Xabi Alonso no banco do Real Madrid non puido ser con vitoria. Empatou (1-1) diante do Al Hilal na primeira xornada do Mundial de Clubs para o equipo branco. 

O comezo do equipo árabe foi mellor que o do Real Madrid que tardou media hora en atopar o seu sitio no partido. O Al Hilal tivo unha ocasión moi clara e un gol anulado por claro fóra de xogo. No primeiro achegamento claro do Real Madrid chegou o gol de Gonzalo no minuto 35.

Pouco despois o cadro asiático empatou nun penalti cometido por Asencio e transformado polo portugués Rubén Neves. No segundo tempo o Real Madrid puido adiantarse cun remate que se estrelou contra o poste.

O partido semellaba que ía rematar en empate pero no minuto 85 un golpe na faciana de Fran García dentro da área acabou considerándoo penalti o colexiado despois de máis de cinco minutos de deliberación. Fede Valverde executou o lanzamento pero un especialista como Bono detivo o disparo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade