Novas

O Gaiás ofrece ata abril un "paseo" pola obra de Francisco Asorey, o "creador total"

28/10/2025 16:42

'Francisco Asorey, unha recuperación necesaria' reúne 100 pezas do escultor cambadés


O Supremo obriga a Audasa a devolver as peaxes cobradas durante as obras de Rande

28/10/2025 16:36

A concesionaria terá que reintegrar as cantidades cobradas entre febreiro de 2015 e xuño de 2018 durante os traballos de ampliación da ponte

O Alto Tribunal revoga a sentenza da Audiencia Provincial e confirma así a de primeira instancia


Amable Fernández, alcalde de Manzaneda

O Xulgado suspende a moción de censura de Manzaneda por causas de "nulidade"

28/10/2025 16:29

A suspensión fora solicitada polo alcalde ao entender que existían irregularidades na presentación da moción de censura


A Xunta amplía en 250.000 euros o presuposto do Bono Emancípate

28/10/2025 16:04

Os beneficiarios son mozos de entre 18 e 35 anos

As axudas son de 1.500 euros para alugueiro e de 3.000 para compra de vivenda


Os Estados Unidos matan 14 persoas tras atacar catro supostas narcolanchas no Pacífico

28/10/2025 15:46

Os ataques, que deixan un supervivente, realizáronse en augas internacionais, fronte ás costas de Colombia


O TSXG anula un parque eólico que conta co aval do Tribunal da UE

28/10/2025 15:43

O Tribunal Superior de Galicia sentenza que a declaración de impacto ambiental non é a axeitada

A sentenza non é firme, cabe recurso ante o Supremo

Categorías:  Sociedade   Galicia

Rambla do Poyo, Paiporta. Europa Press.

O Goberno aproba avais e novas axudas de 6.000 millóns para afectados pola dina

28/10/2025 15:24

O Consello de Ministros aprobou un real decreto lei para reforzar a reconstrución


Lino López: "Non necesitamos gañar, necesitamos ser mellores"

28/10/2025 15:17

O Baxi Ferrol, pleno de triunfos na fase de grupos da Eurocup Women, recibe este mércores na Malata (20:15 horas, G2) o Benfica

Etiquetas:  BAXI FERROL

O Goberno volve pechar a porta ao rescate e liberalización das peaxes da AP-9

28/10/2025 15:17

A secretaria de Transportes respóndelle ao Partido Popular que o custo é inasumible

Etiquetas:  AP-9   PEAXES

Os veciños de Val do Dubra recadan máis de 24.000 euros para a loita contra o cancro

28/10/2025 15:12

Os fondos destínanos de novo á AECC de Santiago e á Fundación de Pediatría do CHUS 

As súas campañas baséanse nunha andaina solidaria e nun espectáculo de humor e baile

'O show dos nosos' está organizado por artistas afeccionados e grupos de baile locais 


Claudia Prechedes: "Adoraría que as miñas fotos falasen de temas bonitos, pero o racismo é a miña realidade"

28/10/2025 15:09

Claudia Prechedes reivindica a transición capilar, deixar o cabelo crecho como unha cuestión política

En 'Pixaim' entrevista a mulleres de toda América Latina contando o seu proceso de autoaceptación

Mostra aberta na Fundación Luís Seoane ata o 1 de decembro dentro de FFoco, o festival de fotografía da Coruña
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Loli Vilavedra: "Estas novelas fannos preguntar se ante a violencia sexual somos todas iguais"

28/10/2025 15:01

'Vista Chinesa' foi todo un éxito no Brasil, chega agora traducida por Helena González

'Sarela', de Marga Tojo, combina unha trama de corrupción e de violencia sexual, cun cadáver atopado no río compostelán do mesmo nome

Ambas novelas abordan as violacións, pero dende perspectivas diferentes

Categorías:  Cultura   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Dúas sesións de adestramento para o Celta antes do partido de Copa

28/10/2025 14:59

O persoal do Celta descansou na xornada deste luns e hoxe comezou a preparar o partido da
Categorías:  Deportes   Celta   Vigo
Etiquetas:  RC CELTA

O mercado das lambonadas resiste, e cada español consome dous quilos e medio ao ano

28/10/2025 14:59

Os produtos tradicionais conviven con novas preparacións

O sector medra, malia o aumento do prezo do chocolate

Categorías:  Sociedade   Saúde   España
Etiquetas:  CONSUMO

Xosé Tomás: "O difícil está no día a día, ese é o superpoder que lles quero transmitir aos nenos"

28/10/2025 14:51

'Lela, a superavoa' é un cómic con breves historias autoconclusivas que, a través do humor, lles rende unha homenaxea ás avoas

Ilustrou máis de oitenta títulos de literatura infantil e xuvenil,  banda deseñada, humor gráfico ou materiais educativos

X. Tomás recibiu o Premio Isaac Díaz Pardo, o Fervenzas Literarias, o Frei Martín Sarmiento, o Paraugas ou o Garelo 
 

Categorías:  Cultura   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

A afección do Negreira mobilízase coa Copa do Rei

28/10/2025 14:50

As 3.000 entradas dispoñibles para o partido están esgotadas

No estadio ultiman os preparativos para que o campo estea nas mellores condicións para o encontro


Rueda anuncia a creación dunha fundación para impulsar a investigación forestal

28/10/2025 14:47

A nova institución, de carácter publico-privado, buscará avanzar cara a un "monte diverso, produtivo e que xere riqueza", explicou o presidente da Xunta


A oitava olimpíada galega da FP reúne 250 alumnos

28/10/2025 14:25

Os alumnos de formación profesional de toda Galicia amosan estes días en Silleda as súas habilidades

Etiquetas:  FP

Dividir gastos sen dividir amizades

28/10/2025 14:25

Unha de cada tres persoas recoñece que tivo conflitos cos seus amigos por cuestións de diñeiro

 


O Goberno busca poñer límite á sobreexposición dos menores nas redes

28/10/2025 14:25

O problema pode aparecer cando dende ben pequenos vén exposta a súa intimidade nas redes sociais por parte dos seus pais

O Ministerio de Xuventude e Infancia xa traballa para controlar esa sobreexposición infantil, coñecida como sharenting


Máis de 1.200 novas prazas para a sanidade pública galega

28/10/2025 14:20

Gómez Caamaño anunciou tamén que van manter o cribado de distintos tipos de cancro, sumando desde hoxe os de próstata e pulmón e ampliando o de cérvix

Na presentación dos orzamentos de Sanidade no Parlamento, a oposición cualificounos de continuístas

Contemplan 60 millóns para centros de saúde e 210 para hospitais


A acción dos arrombacoches en Ferrol provoca queixas por danos e ameazas

28/10/2025 14:19

Case todos son clientes dos supermercados da droga de Ferrol, onde o domingo acoitelaron un toxicómano

Denuncian danos en coches como vinganza e tamén pelexas entre eles por non respectar as quendas


O comercio local de Lugo saca as mecadorías á rúa para dinamizar o consumo

Os comerciantes saen ás rúas e prazas de Lugo

28/10/2025 14:12

Oitenta negocios sacan as mercadorías á vía pública con descontos para animar as vendas

Unha iniciativa da Federación de Comercio e o Concello de Lugo que se repite os últimos martes de mes

Etiquetas:  COMERCIO

Os conselleiros da Presidencia, Medio Ambiente e Vivenda compareron para facer pública a preocupación da Xunta

A Xunta alerta que están en risco axudas para cambiar caldeiras e colocar paneis solares

28/10/2025 14:08

Europa confírmalle á Xunta que o Goberno central non pediu a tempo as axudas do Fondo Social para o Clima

Galicia presentará os seus proxectos directamente á Comisión Europea 


Deteñen sete persoas na zona de Corcubión por supostamente usar explosivos na pesca

28/10/2025 13:58

A Garda Civil investiga o posible uso de dinamita para capturar sardiña


O acusado do crime de Coia só confesou cando o detiveron

28/10/2025 13:58

O escenario do suceso non cadraba coas primeiras versións que deu ante os investigadores

Etiquetas:  CRIME

O coche implicado no accidente mortal do Rosal rexistrou velocidades de ata 238 km/h antes do sinistro

28/10/2025 13:56

O GPS do coche do condutor investigado pola morte dun motorista, clave para a investigación

A acusación pide revogar a liberdade para o acusado ou aumentar a fianza a 700.000 euros

O investigado, un mozo de 25 anos de Murcia, arrastra tres condenas firmes e tres en curso por delitos contra a seguridade viaria


Rescatan tres persoas tras afundirse un barco en Cedeira

28/10/2025 13:56

Os náufragos saltaron á auga, cando o seu barco xa se afundía, e foron recollidos por unha lancha que estaba nas proximidades


Denuncian a deterioración da pasarela do castelo de Santa Cruz, en Oleiros

28/10/2025 13:53

A estrutura presenta corrosión xeneralizada, madeiras podres e ata un desprendemento dunha lámina metálica

Desde o Concello aseguran que levan máis de dous anos pedindo a renovación da pasarela


O Ourense C. F. conxúrase para repetir ante o Oviedo a xesta na Copa do ano pasado

28/10/2025 13:51

O equipo de Dani Llacer eliminou a pasada campaña un ‘segunda’ como o Deportivo da Coruña e, posteriormente, o Valladolid, cando militaba aínda en Primeira División


Vaga de roubos en Ribeira, cun toxicómano como principal sospeitoso

28/10/2025 13:46

Unha lavandería e máquinas expendedoras do centro sufriron os asaltos

O sospeitoso agrediu unha muller e rouboulle a carteira e o móbil

Etiquetas:  ROUBOS

Miguel Ángel Gallardo, nunha imaxe de arquivo

Gallardo, investigado no caso de David Sánchez, candidato do PSOE en Estremadura

28/10/2025 13:04

Non haberá eleccións primarias no partido dada a urxencia para acometer este proceso, logo da convocatoria anticipada de María Guardiola

Rueda eloxia a decisión "valente" de Guardiola e critica que Sánchez non siga o exemplo


Arquivo/A. Pérez Meca/Europa Press

A Fiscalía pide 4 anos de cárcere para o actor Nacho Vidal por homicidio imprudente

28/10/2025 12:59

Acúsano da morte dun fotógrafo, ao que lle administrou veleno de sapo bufo para un ritual 


Claves da reforma da lei de axuizamento criminal, pendente dos apoios do Goberno

28/10/2025 12:32

Ten como punto central a atribución das investigacións penais aos fiscais, pero que inclúe outros cambios polémicos, como os que afectan a acusación popular ou o Estatuto do Ministerio Fiscal

O futuro do proxecto, en perigo pola falta de apoios do Goberno no Congreso

Segundo os cálculos do Executivo, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2028, tras completar o seu trámite parlamentario

O PP cualifica a reforma de "asalto á xustiza"


Arquivo (Europa Press)

CSIF, UXT e CCOO convocan mobilizacións en Galicia por unha suba salarial no sector público

28/10/2025 12:30

Os sindicatos advirten de que poderían convocar unha folga xeral en decembro se o Goberno non desbloquea a negociación


Viaxeiros agardando a saída do convoi

Atraso de máis de dúas horas no AVE Ourense-Madrid

28/10/2025 12:20

Tiña prevista a súa saída para as 8:25 horas deste martes desde a estación de Ourense en dirección Madrid, pero partiu finalmente ás 10:32


Diego Radamés/Europa Press/Arquivo

O PSOE recoñece que retirou un millón de euros para pagos en metálico entre 2017 e 2024

28/10/2025 11:55

Así consta nun escrito entregado ao xuíz instrutor do caso Koldo no Tribunal Supremo


Adrián Vázquez: "En motivación seguro que lle gañamos á Real Sociedade"

28/10/2025 11:45

Confirmou que todos os xogadores están dispoñibles para este partido, salvo o lesionado Peke



A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, co alcalde de Vilar de Santos, Rubén Colmenero (Arquivo)

Rubén Colmenero deixa a alcaldía de Vilar de Santos tras oito meses no cargo

28/10/2025 11:14

O rexedor, do BNG, presentou a súa dimisión por motivos "persoais e urxentes" incompatibles coa dirección do Concello

Asegura que marcha "cun profundo agradecemento" e coa emoción de saber que fixo todo o posible por mellorar o seu concello e servir os veciños"

Etiquetas:  BNG
Publicidade
Publicidade