Quique Peón: "É tan importante que haxa vangardistas como talibáns do tradicional"
O programa do IV Encontro Galego de Cultura Popular inclúe concertos, feira, 'masterclasses' ou unha exposición de traxe tradicional
O ‘Serán’04’ arranca este venres e inclúe como novidade un gran festival folk
No festival participan Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, De Ninghures, Tres Pesos e Xosé Lois Romero e Aliboria
Esta noite hai foliada
Esta noite hai serán
Agárdote no turreiro
Compañeiriña leal-e
Como día a copla hai serán. De feito mañá venres comeza o IV Encontro Galego de Culturea Popular: baile e música tradicional na Cidade da Cultura. O director artístico deste Serán'04, Quique Peón, vainos avanzar todo o que alí vai acontecer esta fin de semana: mil artistas e intérpretes, 40 agrupación de baile, canto e pandeireta, 40 postos de artesanía, confección, ourivería... exposicións de traxe, talleres, masterclass, foliadas e foliadiñas... Unha programación intensa que desde mañá e a ata o domingo está aberta a todos.