Cargando resultados...
May Díaz: "A amizade era unha forma de compartir e saír da soidade do taller"
O título da mostra nace dun cadro de Moldes do 86 no que celebraba a amizade con Correa Coredoira, Xaime Cabanas e Guillermo Monroy
Unha obra de Francisco Mantecón e tres colaxes de Luís Borrajo é un dos exemplos de diálogo posible entre todos estes camaradas presentes na mostra
Esta proposta expositiva podemos percorrela na Fundación Moldes en Pontevedra ata o mes de novembro.
G24.gal
19/06/2025 14:01
Última actualización 19/06/2025 16:46
Cunha cartografía artística dun tempo e un diálogo aberto de artistas e obras. Iso pretende ser a exposición 'Camaradas' na Fundación Moldes. Reúnense nela obras de oito artistas que compartiron amizade a partir dos anos setenta e que a maioría se integraron no Grupo Atlántica. Unha mostra para reflexionar sobre a evolución da plástica no noso país.