Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queiman varios colectores en dúas rúas de Carballo

Queiman varios colectores en dúas rúas de Carballo

Os colectores incendiados estaban nas rúas Fomento e Oriente

Os veciños están fartos de lidar con este tipo de situacións

G24.gal 19/06/2025 13:48

Nova queima de colectores en Carballo. Nesta ocasión foron dúas as rúas afectadas: a Fomento e a Oriente. Os bombeiros do parque provincial de Carballo recibiron os avisos en plena madrugada e cunha marxe de 50 minutos entre un e outro.

Xa non é a primeira vez que pasa algo similar e os veciños están fartos de ter que lidar con este tipo de situacións con máis frecuencia da que lles gustaría.

"Non é a primeira vez, nin se cadra é a última, vai ti a saber. Habíaos que sacudir un pouco porque con iso non se gaña nada", comenta un veciño.

Este non foi o único acto vandálico que se levou a cabo en Carballo nos últimos días. Tamén roubaron, entre outras cousas, fichas e cable, nas atraccións do San Xoán.

"Fomos pola mañá e, cando vimos, xa estaba todo tirado e aberto. Levaron mangueiras, fichas..., levaron todo o que había. Rebentaron ata un armario", asegura María Díaz, unha das feirantes.

Calculan unhas perdas aproximadas de 4.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade