Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta comprométese a reducir a burocracia nas axudas polos incendios

A Xunta comprométese a reducir a burocracia nas axudas polos incendios

Rueda reúnese con 50 alcaldes dos concellos afectados polo lume para aclarar dúbidas sobre as axudas

Os afectados comezarán a recibir os cartos en pouco máis dun mes

Ao tempo que se traballa para que cheguen as axudas, séguese traballando sobre o terreo, nas zonas afectadas

G24.gal 02/09/2025 14:38

Os afectados pola vaga de incendios comezarán a recibir os cartos das axudas en pouco máis dun mes. Dende a Xunta recalcan que o obxectivo é reducir os trámites o máximo posible para que os pagos se fagan de xeito anticipado.

Cincuenta alcaldes e alcaldesas dos concellos afectados tiveron este martes a oportunidade de trasladar as súas dúbidas sobre as axudas, tanto para os veciños como para os propios concellos, nunha reunión con representantes do Goberno da Xunta na que participou tamén o presidente Alfonso Rueda.

"A maior parte delas van ser pago por anticipado e despois faise a xustificación, co cal, loxicamente, é unha axuda importante para todos os beneficiarios. Ese é o noso compromiso, reducir a burocracia", conta Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Ao tempo que se traballa para que cheguen as axudas, séguese traballando sobre o terreo, nas zonas afectadas. Levamos varios días con chuvia e é fundamental evitar que a cinsa chegue aos ríos. Para iso é necesario evitar as escorrentías e o Goberno galego está actuando xa na parte que lle corresponde, pero pide máis medios.

"A axuda que lle pedimos tamén ao Ministerio, ao exército, a través de maquinaria lixeira, é tamén para actuar neste tipo de traballos que hai que levar agora a cabo", apunta Diego Calvo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade