Xunta e Goberno reuniranse a próxima semana para abordar o tema da vivenda
A reunión terá lugar o martes 24 e participarán o director xeral de Vivenda e García Porto
Alfonso Rueda espera chegar a un acordo cando se concreten as condicións do Estado
A ministra Isabel Rodríguez visitou a alcaldesa de Santiago e pediu á Xunta colaboración no tema da vivenda
Santiago segue os pasos de Coruña e inicia os trámites para ser declarada zona tensionada

A conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue confirmou que se van reunir a semana que ven co secretario xeral de Vivenda da Xunta, Heriberto García Porto. O obxectivo da reunión é abordar a proposta do goberno e tentar que ambas partes cheguen a un acordo.
Martínez Allegue, pronunciouse e defendeu que dende a Xunta sempre quixeron participar no financiamento do custo das vivendas, pagando o 60 %, incidindo en que teñen capacidade económica suficiente para abordar a operación.
Ademais, a conselleira negou que a Xunta teña algún cambio de criterio sobre esta cuestión, xa que sempre quixeron participar nese financiamento.
Por outro lado, a ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, demandou colaboración para solucionar a preocupación dos españois de poder acceder a unha vivenda en condicións alcanzables. A solicitude estaba dirixida ás distintas administracións con competencias en vivenda.
Rodríguez reuniuse este xoves coa alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, para logo visitar unha promoción pública de vivendas destinadas a alugueiro alcanzable no Castineiriño.
A ministra defendeu que non se pode resolver o problema se as administracións competentes na materia non se enfocan no mesmo fin. Tamén reivindicou a función social da vivenda como un dereito, polo que defendeu que o seu departamento traballa en "casas para vivir e cidades para os seus veciños".
Non concibe que as cidades se convertan en "parques temáticos" entregados aos turistas e que os propios cidadáns non poidan acceder a unha vivenda en condicións alcanzables.
Explicou que en España hai un problema, defendeu as políticas do goberno que ofrecen solucións e sinalou que o Ministerio traballa para ampliar a oferta de vivenda publica e para dar máis axudas que o posibiliten.
Peleteiro será accesible
Sobre a ampliación da oferta de vivenda, a ministra avanzou que a titularidade da parcela onde estaba o colexio Peleteiro no centro de Santiago pasará a finais deste mes ou principios do mes de xullo da Sareb á nova empresa de vivenda pública.
Sobre a ampliación desta oferta, a ministra anunciou que a parcela onde está o colexio Peleteiro, no centro de Santiago, pasará da Sareb á nova empresa de vivenda pública, facendo que o 100 % das vivendas que se fagan nesa parcela serán a prezo alcanzable.
"Todo o que se promova sobre solo público debe ser de protección, alcanzable e para sempre", proclamou Rodríguez.
Referíndose á regulación, saudou a incorporación da Coruña como zona residencial de mercado tensionado e pediu á Xunta axilizar os trámites para que Santiago tamén o faga.
Colaboración da Xunta
Ao preguntarlle pola posibilidade de que a Xunta se una á oferta do Goberno para promover vivenda pública, a ministra dixo que ten a "esperanza" de que esta poida sumarse.
O Goberno puxo a posibilidade de triplicar o investimento da vivenda sobre a mesa, medida que Rodríguez indicou que son as bases para empezar a falar.
O titular da Xunta, Alfonso Rueda, destacou onte en Vigo que espera chegar a un acoro co Goberno central sobre a vivenda pública se o Estado concreta as condicións que presentou na súa oferta o presidente, Pedro Sánchez, ás comunidades autónomas na Conferencia de Presidentes.
Sanmartín tamén aperta
Pola súa parte, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, agradeceu a visita da ministra e o seu interese por coñecer as políticas de vivenda e urbanismo do Goberno local.
Sanmartín recoñeceu que, dado a repartición de competencias, os concellos non son os que teñen máis ferramentas para intervir, aínda que lembrou que nas súas posibilidades actúan para mellorar a vida dos cidadáns, en parte polo "abandono" da Xunta.
Tamén lembrou que a Administración autonómica debe elevar "canto antes" a petición de zona residencial antes mencionada xa que os prazos que ten son moi importantes. Tamén apelou á colaboración entre goberno e a Xunta, pois é o mecanismo que mellorará a vida dos cidadáns.