Novas

A Casa Branca insiste en que todos os países da OTAN deben destinar o 5 % do PIB a defensa
19/06/2025 21:39
España rexeita comprometerse e Sánchez cualifica a proposta de "irracional e contraproducente"
Sánchez dille á OTAN que non subirá máis o gasto en defensa: non ve razoable o 5 %

Ollada á medicina de comezos de século da man de médicos e boticarios do rural
19/06/2025 21:34
Un médico xubilado de Maceda promove na súa localidade un museo que amosa as difíciles circunstancias en que traballaban os médicos do rural galego a finais do século XIX e comezos do XX
A botica de Doade, no concello de Beariz, unha das máis antigas de Galicia, reabriu como museo para mergullarse no labor dos farmacéuticos desa época

Como previr o padecemento das mascotas fronte á calor excesiva
19/06/2025 21:26
Golpes de calor, picaduras, alerxias e intoxicacións pódense minimizar con prevención

Cinco días de música, mercado e actividades nas festas do Corpus de Ourense
19/06/2025 21:19
O mercado medieval estrea nova localización, deixa a zona vella do centro e trasládase á contorna da Ponte Romana e o parque dos Remedios
Luis Zahera deu o pregón das festas, que se alongan ata o domingo

Mala visibilidade por mor das brétemas
19/06/2025 21:00

Éxito do pacto antimóbiles do instituto vigués do Castro
19/06/2025 20:53
Os mozos relaciónanse máis e descenderon os conflitos

Os taxistas da Coruña denuncian competencia desleal por parte das plataformas de VTC
19/06/2025 20:49
Os vehículos con condutor de Uber volven circular polas rúas da Coruña

Unha canle de Telegram publica os datos persoais e teléfonos de sete ministros
19/06/2025 20:49
A Policía abriu dilixencias na Audiencia Nacional, dada a gravidade da información exposta que afecta, entre outros, a actual vicepresidenta primeira do Goberno, María Jesús Montero

Ábalos di que foi utilizado por Cerdán e Koldo: "Son un imbécil", o "imbécil de todo isto"
19/06/2025 20:47
Ábalos di que "viñan cunha dinámica previa" desde Navarra: "penetraron no ministerio", onde "lle meteron presión para tratar de influír" nas contratacións
Quéixase ademais dos "malos tratos" que lle deu o presidente do Goberno, tratando de encapsular nel a causa aberta por delitos de corrupción, mentres que defendeu a inocencia de Cerdán
Ábalos nega o financiamento ilegal no PSOE ou que cobrase comisións; asegura que o luns declarará ante o xuíz e non descarta pactar coa Fiscalía

O PPdeG levará a concellos e deputacións unha moción "en repulsa da corrupción"
19/06/2025 20:18
Nela pretende dicir “xa abonda” á “complicidade", que considera "indecente", do PSdeG e do BNG ante os feitos extremadamente graves que envolven ao Goberno de Sánchez”
Prado definiu Monforte como a “zona cero en Galicia da corrupción do PSOE” despois de que o informe da UCO sobre o caso Koldo lle dedicara catro páxinas por un suposto amaño na contratación dunha obra

Fai xeados co leite da súa granxa que logo vende preto do Camiño de Santiago
19/06/2025 20:11
Peregrinos e visitantes valoran o doce, que aprecian especialmente ao estar elaborado sen aditivos e con froitas naturais
O xerente do negocio destaca que ao estar preto da ruta xacobea optou por situar postos de venda en lugares emblemáticos

Falece un home en Vimianzo tras sufrir unha indisposición e saír da vía
19/06/2025 19:43
O condutor sufriu unha saída de vía na rúa da Torre no municipio coruñés

19/06/2025 19:07
Revisaríanse as adxudicacións de obra pública realizadas polo Executivo foral entre xuño de 2011 e a actualidade
María Chivite, tras a dimisión do número 2 do PSOE navarro: "Dixen caia quen caia e estou a cumprir"

Trump amplía outros 90 días o prazo para que TikTok se desvincule da súa matriz chinesa
19/06/2025 18:59
O presidente dos EUA prolonga ata o 17 de setembro o tempo para que a plataforma se separe de ByteDance
A Administración asegura que busca un acordo que garanta a protección de datos dos usuarios

Arquivada a última peza da operación Pulpo sobre irregularidades na Deputación de Lugo
19/06/2025 18:48
A causa, na que se chegou a investigar o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, iniciouse por mor duns anónimos que recibira a líder do PP de Lugo, Elena Candia, sobre suposto acoso laboral

A Fiscalía non ve delito na actuación de Mónica Oltra polo caso de encubrimento de abusos
19/06/2025 18:39
Presenta unha cualificación absolutoria ao non apreciar responsabilidade criminal
A Audiencia de Valencia ordenara reabrir a causa tras o arquivo inicial

Case 4 anos de cárcere para unha muller en Lugo por apropiarse de 163.000 euros da súa tía anciá
19/06/2025 18:21
A afectada tiña 89 anos de idade e marchou da casa porque non a trataban ben
A acusada negou os feitos, recoñecendo que fixera esas retiradas de efectivo, pero que o facía por indicación da súa tía, e argumentou que descoñecía o destino dos cartos

A galega Luz Casal, entre os distinguidos por Filipe VI cos seus primeiros títulos nobiliarios
19/06/2025 18:10
O rei concedeu os primeiros títulos nobiliarios do seu reinado designando tamén marqueses, entre outros o tenista Rafa Nadal e a nadadora Teresa Perales

57 anos de prisión para o home que violou as súas primas menores e prostituíu unha en Barcelona
19/06/2025 18:08
Abusou delas desde que tiñan idades moi temperás e obrigou unha a prostituírse cando tiña entre 12 e 13 anos
Está acusado de abuso sexual continuado, elaborar e ter pornografía e inducir á prostitución

Cinco detidos e catro investigados por roubos en domicilios e en negocios de Ourense
19/06/2025 17:38
Tamén acúsanos de tres roubos con forza en estancos de Castrelo de Miño, Celanova e Froure nos que levaron tabaco por valor de 100.000 euros

19/06/2025 17:18
Feijóo asegurou que lle preocupa a "reputación" de Sánchez no cume porque, sen ter orzamentos, "dá igual comprometer o dous que o tres ou o catro por cento"
Sánchez dille á OTAN que non subirá máis o gasto en defensa: non ve razoable o 5 %

Aviso amarelo por trebóns e temperaturas máximas
19/06/2025 17:02

Un incendio diante dun taller de Tui calcina sete coches
19/06/2025 16:59
O incendio ocorreu de madrugada e non houbo feridos

Milleiros de evacuados polos ataques cruzados de Israel e Irán
19/06/2025 16:52
Medios estadounidenses aseguran que Trump xa aprobou os plans para atacar Irán; estaría aprazando a orde defintiva para darlle a Teherán unha última oportunidade de anunciar o abandono do seu programa nuclear
Un mísil iraniano impacta contra un hospital no sur de Israel

Un home mata a parella en Málaga e despois suicídase
19/06/2025 16:27
Foi un amigo da vítima quen denunciou a súa desaparición

Unha explosión nun bar de Murcia deixa 17 feridos, tres deles moi graves
19/06/2025 16:08
A deflagración sorprendeu a zona chea de xente polo mercado semanal
O local estaba pechado no momento do estoupido e sufriu importantes danos materiais

O Goberno reafírmase en seguir ata 2027, mentres medra a presión dos seus socios
19/06/2025 15:59
Sumar pide transparencia e depuración de responsabilidades tras as novas derivadas do caso Koldo
O PP esixe eleccións en Navarra e asegura que o PSOE está en “fase de destrución”

Alertan da necesidade de protexerse porque o nivel de radiación UV está en risco alto en Galicia
19/06/2025 15:35
Estamos en valores de nove nunha escala en que o máximo é de once
Hai que ter en conta que a radiación ultravioleta afecta tamén os días nubrados
Desde a Consellería de Medio Ambiente lembran que Meteogalicia ofrece regularmente os índices por concellos

Sánchez dille á OTAN que non subirá máis o gasto en defensa: non ve razoable o 5 %
19/06/2025 15:20
O presidente español explícalle que alcanzar o 5 % é incompatible co estado do benestar en España e coa súa "visión do mundo", e reivindica o lexítimo dereito de cada goberno para facer ou non determinados "sacrificios"
Propón unha forma "máis flexible", que diga que o obxectivo do 5 % é opcional

Un mes de hipoteca por unha barra de pan
19/06/2025 15:07
Sorteo mensual de 700 euros entre os clientes
A orixinal campaña de fidelización que botou a andar unha panadería de Pontevedra

Santiago segue os pasos de Coruña e inicia os trámites para ser declarada zona tensionada
19/06/2025 14:53
Quere así regular o prezo do alugueiro, unha medida para frear a crise da vivenda
En Santiago hai unhas 10.000 vivendas en réxime de alugueiro
Esta declaración, que xa se aplica en cidades como Barcelona, supón bonificacións fiscais para os arrendadores

19/06/2025 14:52
Curtocircuíto reforza a presenza galega en todas as seccións e potencia as actividades na rúa
En 'The last showgirl' destacan as actuacións de Jamie Lee Curtis e unha renacida Pamela Anderson
'La quimera del oro' é a segunda longa de Chaplin, o filme polo que quería ser recordado

Quique Peón: "É tan importante que haxa vangardistas como talibáns do tradicional"
19/06/2025 14:48
O programa do IV Encontro Galego de Cultura Popular inclúe concertos, feira, 'masterclasses' ou unha exposición de traxe tradicional
O ‘Serán’04’ arranca este venres e inclúe como novidade un gran festival folk
No festival participan Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, De Ninghures, Tres Pesos e Xosé Lois Romero e Aliboria

Atopan morta unha persoa no interior dun transformador en Carballo
19/06/2025 14:43
Foron operarios dunha empresa eléctrica os que localizaron a persoa falecida e avisaron os servizos de emerxencia

Fito para a ciencia: descobren unha nova microalga na ría de Vigo
19/06/2025 14:27
Investigadores do Centro Oceanográfico atoparon unha especie descoñecida, a Thecadinium brassicum
É un ser diminuto e fuxitivo que escapa da luz ocultándose baixo os graos de area

Un terzo dos pazos galegos están á venda
19/06/2025 14:25
Dos arredor de novecentos pazos e casas grandes catalogados por Patrimonio en Galicia, uns 300 están á venda, a prezos que oscilan de 180.000 ata os 5 millóns de euros
Un mercado para grandes fortunas que se anima cando hai operacións tan mediáticas como a de Julio Iglesias no concello ourensán de Piñor

A agresión mortal a Elisa Abruñedo foi de total desprezo cara á vítima, segundo o forense
19/06/2025 14:20
A Policía Xudicial asegurou que o acusado tiña intención de matar e que exerceu unha violencia planificada
Está previsto que o xuízo remate este venres cos informes finais das partes e a posibilidade de que o asasino confeso dea a última palabra na sala

19/06/2025 14:20
A UCO incautouse de 34 dispositivos; un deles, o que a muller que estaba co exministro tentou sacar da vivenda. Algúns medios sinalan que nese disco duro Ábalos gardaba mensaxes con Pedro Sánchez e con outros dirixentes do PSOE.

Galicia rexistrou 21 afogamentos mortais no que vai de ano
19/06/2025 14:13
Cómpre extremar a vixilancia cos cativos: "Poden afogar en 90 segundos nun palmo de auga"
En caso de emerxencia hai que chamar ao 112 e reanimar a persoa se non respira

Diego Regueira, novo presidente do COB, confía en Moncho López ata o 2028
19/06/2025 14:12
Regueira: "Xerar dinámica positiva e ser ambiciosos. Moncho López achéganos calma"
En 2028 o COB estará de aniversario, fará 50 anos