Novas

Comeza o programa Encoro Aventuras, que permite descubrir lugares afectados por presas
28/06/2025 21:13
A iniciativa inclúe actividades participativas coma música, astronomía ou enoturismo, como outra forma de coñecer enclaves de interese non tan populares desde o punto de vista turístico

A Coruña conmemora o 16º aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio Mundial
28/06/2025 21:11
O Concello deseñou un programa cultural que inclúe recreacións, rutas teatralizadas e teatro

As altas temperaturas animan moitos bañistas a refrescarse nos areais
28/06/2025 20:58
No interior de Galicia algunhas zonas superaron os 35 graos
A calor abafante durará ata o mércores

28/06/2025 20:50
Na festa de verán da carballeira das Lagoas participaron uns corenta coches históricos, o máis antigo é un Dogdge M37 do ano 1951
Un coche considérase histórico cando ten máis de trinta anos desde a primeira matriculación

Falece José Antonio Redondo, exconselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
28/06/2025 20:12
José Antonio Redondo faleceu este sábado aos 74 anos
Tamén foi director do Instituto Galego de Vivenda e Solo entre 1995 e 2005
A súa vocación era a docencia; era catedrático de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Santiago de Compostela

Chapela fai dobrete na casa seguida de Tirán no inicio da LGT
28/06/2025 19:55
O terceiro chanzo do podio foi ocupado por Mecos na Feminina, e por Samertolameu na Liga A

A praza de abastos de Santiago, un dos moitos atractivos turísticos de Compostela
28/06/2025 19:52
É visita obrigada para probar a gastronomía e mercar agasallo
Os turistas buscan produto de proximidade, calidade e feito á man

Coñecemos mellor a Jutglà, a última fichaxe do Celta
28/06/2025 19:26
"Eles estaban dispostos a facer un esforzo, e eu quería volver a España. É o sitio ideal para medrar xuntos"

Gonzalo Caballero: "Necesitamos un gran pacto contra a corrupción"
28/06/2025 18:53
O exsecretario xeral do PSdG asegura que Cerdán lle pediu que non concorrese ás primarias de 2023 das que saíu o candidato á Xunta
O exlíder dos socialistas galegos pídelle á dirección do PSdG un cambio na folla de ruta

España celebra nas rúas o Día do Orgullo baixo o lema "Nin un paso atrás"
28/06/2025 17:39
Sánchez celebra os vinte anos de matrimonio igualitario e di que non se pode dar "nin un paso atrás"
Feijóo asegura que "non se pode discriminar a ninguén por amar a quen elixiu amar"
Decenas de miles de persoas desafían a Orbán na prohibida Marcha do Orgullo de Budapest

Detido un home en Bélxica por drogar e violar a súa esposa durante unha década
28/06/2025 17:18
Administrou somníferos e sedantes á súa muller para violala con diversos obxectos, tomar fotos e gravala, nun caso que lembra xa o de Gisele Pelicot
A propia vítima empezou a sospeitar porque sempre se levantaba moi mareada e a miúdo tiña problemas de memoria

Deteñen na Lavacolla unha muller buscada nos Estados Unidos polo asasinato dunha moza venezolana
28/06/2025 16:58
A detida é Gerelys Sánchez-Reyes, unha dominicana de 28 anos de idade, residente en Filadelfia
A detida levaba tres meses en busca e captura, acusada de acoitelar a Yuleisy Torrelles Martínez, de 21 anos
O corpo da vítima, de nacionalidade venezolana, apareceu o 5 de abril escondido no interior dun sofá cama, no seu piso de Filadelfia, tras levar tres días desaparecida

Decenas de miles de persoas desafiaron a Orbán na prohibida Marcha do Orgullo de Budapest
28/06/2025 16:47
Entre os participantes figuraban políticos de toda Europa, incluíndo os ministros españois Yolanda Díaz e Ernest Urtasun
España celebra nas rúas o Día do Orgullo baixo o lema "Nin un paso atrás"

Aviso por calor na derradeira fin de semana de xuño
28/06/2025 16:13

Estivemos con Diego Villares, padriño do Campus do Rácing Vilalbés
28/06/2025 14:51
Repasamos co capitán a última temporada do Deportivo

O mellor xuño en ocupación hoteleira nas Rías Baixas e previsións do 100 % para xullo e agosto
28/06/2025 14:51
En 2024 visitaron o litoral do sur de Galicia preto dun millón trescentas mil persoas
Esta tempada 2025 comezou co aumento do 5% deste xuño, respecto a xuño do ano pasado

Primeira vaga de calor do verán: Leiro chega a 41,6 graos e Ourense a 41,5
28/06/2025 14:47
Para este domingo, MeteoGalicia advirte de que a calor persistirá no sur de Lugo, Valdeorras, Miño de Pontevedra, Sur de Ourense e o Miño en Pontevedra
Recoméndase non saír nas horas centrais do día, buscar a sombra, beber moita auga e botar crema de protección
As altas temperaturas animan a moitos bañistas a refrescarse nos areais
España superou o seu récord de temperatura máxima no mes de xuño: 46 graos en Huelva

Cos 120.000 asistentes do Resurrection chega a revolución á Mariña
28/06/2025 14:46
Estímase que o festival traerá un retorno entre os 18 e os 20 millóns de euros

No verán hai que protexer os ollos do sol con lentes homologadas
28/06/2025 14:45
As lentes de sol teñen que ter filtros con protección ultravioleta
Hai que usalas polo menos desde as doce da mañá ás cinco da tarde

A Mariña escapa da vaga de calor e conserva a temperatura habitual, moi valorada polos visitantes
28/06/2025 14:40
Lonxe de verse afectado pola calor extrema destes días, o litoral lucense mantense arredor dos 23 graos grazas ao efecto do vento do nordés, frecuente nesta zona

Segue a busca do pescador afeccionado na desembocadura do Miño
28/06/2025 14:28
A embarcación na que ía co seu can afundiu entre A Guarda e Caminha
Os medios de rescate esperan unha mellora das condicións do mar para que poidan traballar os mergulladores

Xuíces e fiscais protestan en Madrid contra as reformas xudiciais do Goberno
28/06/2025 14:24
A concentración serviu como antesala da folga de tres días convocada para o 1, 2 e 3 de xullo
Nela oíronse berros de "independencia xudicial", así como algúns contra Pedro Sánchez e o ministro de Xustiza, Félix Bolaños

Foxe tras arderlle o coche roubado co que tivo un accidente en Moaña
28/06/2025 14:21
O vehículo provocou un pequeno incendio forestal tras caer por un barranco e bater cunha árbore
Os equipos de emerxencia temeron que puidese haber vítimas entre os ferros calcinados do turismo
A Garda Civil comprobou que roubaran o coche e buscan o condutor, que fuxiu do lugar

A Asociación Nacional de Esclerodermia celebra o seu congreso en Santiago
28/06/2025 14:10
Algúns pacientes viñeron camiñando desde Sarria para darlle visibilidade a esta enfermidade rara
A esclerodermia é unha enfermidade autoinmune, reumatolóxica e sistémica
En Galicia están rexistrados 45 pacientes

Aumentan as encargas de peixe en liña a través do WhatsApp
28/06/2025 14:01
O servizo de mensaxería conecta vendedores e clientes de forma rápida e sinxela
.jpeg)
A nova oferta de AVE entre Galicia e Madrid bate cifras récord de viaxeiros
28/06/2025 13:46
O servizo comezou o 9 de xuño e o día 20 alcanzou o seu máximo histórico, con 12.839 viaxes
Desde o 9 de xuño, o número de viaxeiros semanais mantense de forma sostida por encima dos 75.000, o que representa un récord para este corredor.

A Selección sub-19 feminina, campioa de Europa tras golear a Francia (4-0)
28/06/2025 13:08
É o cuarto título continental consecutivo para España nesta categoría, e sétimo en total
Esta mañá, as xogadoras recibiron unha merecida homenaxe nas Rozas

Alfon non aclara o seu futuro dous días antes de rematar contrato co Celta
28/06/2025 12:49
O manchego clausurou o seu campus e falou sobre o seu futuro, pero non ofreceu información
"Estou centrado nas vacacións, xa se verá o meu futuro, estou contento en Vigo", dixo o futbolista

Ferido grave un traballador do servizo de recollida de lixo de Ferrol tras ser agredido de madrugada
28/06/2025 12:41
Un veciño de Narón aproximouse ao operario, e "sen mediar palabra" propinoulle unha puñada na cara, o que provocou que o traballador caese ao chan e sufrise lesións na cabeza
Axentes da Policía Local detiveron o presunto agresor

Irán celebra un funeral multitudinario de militares e científicos mortos na guerra
28/06/2025 12:41
Son os funerais de 60 persoas mortas na "Guerra dos doce días", nome que lle deron á guerra entre os días 13 e 24 de xuño de 2025
Medios estatais iranianos situaron en "un millón" o número de persoas que asistiron aos funerais

España derrota O Xapón no amigable previo á Eurocopa (3-1)
28/06/2025 12:20
O partido quedou marcado pola ausencia de Aitana Bonmatí, hospitalizada cunha meninxite
Montse Tomé afirmou que a xogadora recupérase favorablemente e vaina agardar

As comunidades do PP esixen unha conferencia sectorial urxente para elaborar o Plan de Vivenda
28/06/2025 12:09
Critican que nin coñecen nin tiveron participación activa na elaboración do documento, e que non houbese resposta ás súas propostas
O Goberno di que traballa xa nel con seis autonomías e pide aceptar un acordo de mínimos

Goberno central e Generalitat celebrarán unha bilateral o 14 de xullo sobre financiamento
28/06/2025 11:59
Atrásase dúas semanas con respecto á data pactada por ERC e o PSOE
María Jesús Montero asegura que o novo modelo de financiamento achegará máis recursos a todas as comunidades

"Toma partido por España" é o lema do XXI Congreso Nacional do PP
28/06/2025 11:52
O congreso vaise inaugurar o 4 de xullo en Madrid coas intervencións dos expresidentes Aznar e Rajoy
O PP reelixirá a Alberto Núñez Feijóo como presidente do partido e candidato ás eleccións xerais
Na clausurá intervirán Isabel Díaz Ayuso e Alberto Núñez Feijóo

Junqueras dálle aire ao PSOE sobre o financiamento: "Se necesita unhas semanas, que as colla"
28/06/2025 11:07
Faino a dous días de que expire o prazo que republicanos e socialistas acordaran, no marco da investidura de Illa, para que o financiamento singular se formalice nunha comisión bilateral entre a Generalitat e o Goberno central

Detidas 44 persoas por narcotráfico entre o Campo de Xibraltar e Portugal
28/06/2025 10:51
Os axentes tamén se incautaron de máis de 42.000 litros de carburante, de 30 embarcacións, de 4.800 quilos de haxix e de 110.000 euros en efectivo

Detido un home que supostamente matou a súa muller en Almería
28/06/2025 08:36
As primeiras pescudas apuntan a que foi acoitelada, e investígase se pode tratarse dun novo episodio de violencia machista
O home tentou suicidarse lanzándose por un barranco
A muller non estaba no sistema VioGén, e o seu home non tiña denuncias previas

28/06/2025 08:17
Luar na Lubre e Víctor Freixanes, entre os condecorados este sábado coas Medallas Castelao 2025
Completan a lista de galardoados o empresario Emilio Pérez Nieto, a médico de familia Rosa Rodríguez Álvarez e a Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA)

A prisión un cura de Burgos por enganar menores para facerse con imaxes íntimas
28/06/2025 08:11
Facíase pasar por unha muller para obter as imaxes íntimas das súas vítimas
A investigación segue aberta e polo momento descoñécese o número de vítimas

28/06/2025 07:58
Cre que son necesarias políticas públicas que acompañen e normativas que "sigan avanzando para blindar a igualdade de trato e a non discriminación" das persoas LGBTIQ+
Pedro Sánchez celebra os 20 anos de matrimonio igualitario e reivindica que España non dará nin un paso atrás en dereitos