Contido con Xeográficas España .

Contido con Xeográficas España .

España

Recupérase a circulación na alta velocidade entre Madrid e Barcelona por un incendio en Lleida

02/07/2025 21:18

O lume obrigou a suspender tamén a circulación entre Zaragoza e Lleida

Os servizos de emerxencia lograron estabilizar o incendio, que se declarou preto da infraestrutura ferroviaria

Etiquetas:  INCENDIO

A executiva nacional de Compromís reunida para tomar a decisión final sobre a súa relación con Sumar/Biel Aliño/EFE

Compromís consuma a súa escisión no Congreso, cunha deputada no Mixto e outro en Sumar

02/07/2025 21:07

Àgueda Micó deixa o grupo Sumar e pasa ao Grupo Mixto, mentres Alberto Ibáñez permanece en Sumar

O grupo Sumar  está pendente ademais da posible saída do deputado de Més per Mallorca


O 70 % de xuíces e fiscais secunda o segundo día de folga contra as reformas xudiciais do Goberno

02/07/2025 16:20

O Ministerio de Xustiza rebaixa o seguimento ao 28,75 %

A protesta continuará ata este xoves contra as reformas do Goberno

Categorías:  Política   España
Etiquetas:  XUSTIZA

Un incendio nunha farmacéutica de Guadalaxara deixa catro feridos e obriga a evacuar máis de 600 persoas

02/07/2025 16:16

Unha deflagración afectou tres depósitos soterrados na empresa de Azuqueca de Henares

A vía de servizo da A-2 permanece cortada entre os quilómetros 41 e 39 en sentido Madrid

Etiquetas:  INCENDIO

A Princesa de Asturias regresa ao Juan Sebastián de Elcano

02/07/2025 14:12

Leonor de Borbón remata a súa formación intensiva a bordo da fragata Blas de Lezo


Facenda devolveu 9.100 millóns a 12,5 millóns de contribuíntes ao peche de campaña

02/07/2025 13:31

Á conclusión da campaña presentáronse 24.570.000 declaracións, un 2,3 % máis que o ano pasado

En paralelo á campaña de renda desenvolveuse tamén a correspondente ao imposto sobre o patrimonio


Sumar lamenta que non haxa avances co PSOE e avisa da "gravidade da situación"

02/07/2025 13:28

"O maior risco que temos de que lexislatura embarranque chámase inmobilismo e maquillaxe", asegura o portavoz de Sumar

O PSOE di que estudará as medidas propostas por Sumar e coincide co seu socio en aguantar a lexislatura ata 2027

Díaz avisa a Sánchez: "A responsabilidade da lexislatura está nas súas mans"

Categorías:  Política   España

O vigués Fran Soto, novo presidente do Comité Técnico de Árbitros da RFEF

02/07/2025 12:42

Soto conta con experiencia na avogacía e na arbitraxe base

Será quen lidere a remodelación do estamento en España

Categorías:  Deportes   Fútbol   España
Etiquetas:  ARBITRAXE   RFEF

Europa Press Canarias

O TS ordena ao Goberno e a Canarias informar cada 15 días da acollida de menores

02/07/2025 12:27

A medida forma parte do acordo acadado entre ambas as partes para que o Estado acolla a estes mozos


A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, atende os medios no cumio da ONU celebrado en Sevilla (Francisco J. Olmo/Europa Press)

Díaz avisa a Sánchez: "A responsabilidade da lexislatura está nas súas mans"

02/07/2025 10:30

Pide ao presidente do Goberno que compareza antes do pleno do 9 de xuño e que anuncie medidas claras contra a corrupción

Asegura que Sumar abandonaría o Goberno se se demostrase un financiamento irregular no PSOE

A vicepresidenta segunda dixo que se ela fose Alberto Núñez Feijóo, presentaría unha moción de censura


A vilagarciá Jéssica Bouzas pasa á segunda rolda de Wimbledon

02/07/2025 10:24

A alemá Ella Seidel escordou un nocello no segundo set e tivo que retirarse

Verase as caras coa estadounidense Sofia Kenin, número 28 do ranking WTA


Marta Fernández/Europa Press

Miguel Tellado será o novo secretario xeral do PP

02/07/2025 10:21

Así o anunciou Feijóo nunha entrevista, definíndoo como un home con experiencia parlamentaria

Ester Muñoz será a nova portavoz do PP na Cámara Baixa

Categorías:  Política   España
Etiquetas:  PP   MIGUEL TELLADO

(EFE/J.L. Cereijido)

Detido un home de 90 anos por matar a súa muller de 86 en Laviana (Asturias)

02/07/2025 09:29

O detido mandou unha mensaxe á coidadora de ambos, sobre as seis desta mañá, para avisar de que ía matar a súa muller. Foi esta persoa a que deu aviso á Garda Civil


O emprego bate un novo récord, con 21,86 millóns de afiliados

02/07/2025 09:01

O paro reduciuse en xuño en 48.920 persoas, ata os 2,4 millóns, a cifra máis baixa desde hai 17 anos

O comercio e a hostalería compensaron a perda no sector educativo co final de curso

Galicia creou 7.844 empregos en xuño e reduciu o paro en 4.387 persoas

Etiquetas:  PARO   EMPREGO

Os Bombeiros da Generalitat afrontan a extinción de dous incendios simultáneos na comarca da Segarra, o de Torrefeta i Florejacs/EFE/Agents Rurals

Un incendio forestal deixa dous mortos e 6.500 hectáreas queimadas en Lleida

02/07/2025 08:04

O incendio foi especialmente violento e rápido, segundo explicou o xefe do corpo de Bombeiros, o inspector David Borrell

Os falecidos son o dono e un traballador dunha explotación gandeira


Sabadell vende TSB ao Santander por ata 3.400 millóns de euros e repartirá un dividendo extraordinario de 2.500 millóns

01/07/2025 20:51

A operación reforza a presenza do Santander no Reino Unido e xerará sinerxías por 400 millóns de libras

Sabadell centrará a súa estratexia en España e promete o dividendo aínda que non prospere a OPA do BBVA

Categorías:  Economía   España
Etiquetas:  BANCA

Efectivos do Infoca e do Consorcio Provincial de Bombeiros traballan na extinción dun incendio en Chiclana (Román Ríos/EFE)

Cinco casas sofren danos polo incendio nunha zona de pasto en Chiclana (Cádiz)

01/07/2025 20:00

Varias vivendas foron desaloxadas por precaución e cinco delas sufriron danos polas lapas

Etiquetas:  CÁDIZ   INCENDIO

Morre un neno dentro dun coche estacionado en Tarragona

01/07/2025 17:24

O menor podería falecer por un golpe de calor, segundo as primeiras hipóteses

O suceso ocorreu nun polígono industrial e os servizos de emerxencias non puideron reanimalo

Etiquetas:  ACCIDENTE

Os triángulos de perigo deixarán de ser obrigatorios en 2026

01/07/2025 14:51

A partir do un de xaneiro de 2026 a DXT obrigará os condutores a utilizar un novo sistema de sinalización nas estradas para informar das avarías ou accidentes

O dispositivo V16 contén unha luz luminosa e leva incorporado un sistema de baliza con xeolocalización


Consumo prohibirá a reduflación, a obsolescencia programada e a publicidade de produtos contaminantes

01/07/2025 13:32

O Consello de Ministros aproba un anteproxecto de lei de consumo sostible que tamén fomentará a reparación dos produtos e prohibirá a revenda abusiva de entradas e a chamada publicidade do medo e o greenwashing

A Sareb traspasará máis de 40.000 propiedades e 2.400 terreos á empresa estatal de vivenda


O 75 % dos xuíces e fiscais secundan o primeiro día de folga contra as reformas do Goberno

01/07/2025 13:17

Protestan contra o proxecto que modifica a Lei do Poder Xudicial e o anteproxecto de reforma do Estatuto do Ministerio Fiscal

Consideran que comprometen a separación de poderes e incrementan os riscos de politización da Xustiza


(Europa Press/Agostime)

A Sareb traspasará máis de 40.000 propiedades e 2.400 terreos á empresa estatal de vivenda

01/07/2025 13:11

O Executivo avanza que estas vivendas pasarán a formar parte do parque público de alugueiro alcanzable

O Goberno prohibe os anuncios de voos curtos e a obsolescencia programada


A conselleira de Política Social de Murcia, Conchita Ruiz Caballero, nunha foto de arquivo (Goberno de Murcia)

Murcia renuncia a comprar pisos para migrantes menores tras o aviso de Vox

01/07/2025 12:41

A formación de ultradereita ameazou o PP con retirarlle o apoio aos orzamentos se seguían adiante coa medida

Categorías:  Política   España

EFE/J. Palencia

Sánchez anuncia máis cooperación española fronte ao recorte de países como os EUA

01/07/2025 12:01

Adiantou que o Banco Asiático de Desenvolvemento abrirá unha sede en España, do mesmo xeito que avanzou que o país acollerá máis citas internacionais como o actual cumio de Sevilla e que apostará por unha presenza maior nos organismos internacionais


Arquivo/Eduardo Parra/Europa Press

Sumar e PSOE reúnense este mércores para avaliar a coalición polo caso Cerdán

01/07/2025 11:25

Sumar quere establecer unha serie de medidas para asegurar que non se estenda a corrupción no PSOE

O Goberno admite que a imaxe de Cerdán en prisión é "desgarradora" e "decepcionante"

Feijóo inicia contactos cos socios do PSOE para explorar unha moción de censura


(Europa Press/Muhammed Ibrahim Ali)

Deteñen dous homes por filtrar datos persoais de ministros e dirixentes do PSOE

01/07/2025 10:37

A Policía Nacional anunciou que os dous arrestos se realizaron na provincia das Palmas

O caso está a ser investigado pola Audiencia Nacional e permanece baixo segredo de sumario


Entran en vigor os novos sinais de tráfico máis claros, visibles e inclusivos

01/07/2025 10:01

Incorpóranse novos sinais que responden a demandas actuais e elimina aqueles que quedaron obsoletos

Entre os cambios hai modificacións do tamaño, ampliacións de información, novos pictogramas e a eliminación de connotacións de xénero

O cambio físico será progresivo, igual que a incorporación nos manuais dos permisos de condución

Categorías:  Sociedade   España   Vida
Etiquetas:  TRÁFICO

O Goberno aproba a suba salarial pendente do 0,5 % dos funcionarios

01/07/2025 09:41

CCOO e UXT valoran a decisión, pero recriminan ao Goberno "a tardanza e insuficiencia"


EFE/Fernando Villar

Volven circular os trens entre Madrid e o sur tras o caos ferroviario deste luns

01/07/2025 09:28

Adif conseguiu reparar a catenaria danada en Toledo e Renfe encargouse do transbordo dos 318 pasaxeiros 

A avaría afectou a un total de 2.754 de sete convois diferentes

 

Etiquetas:  TREN   ADIF

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, e o portavoz do PP no Congreso, Miguel Tellado (Ricardo Rubio/Europa Press/Archivo)

Feijóo inicia contactos cos socios do PSOE para explorar unha moción de censura

01/07/2025 08:41

Considera insostible que Sánchez continúe como presidente tras a entrada en prisión do exsecretario de Organización do PSOE

Miguel Tellado chamará este martes todos os grupos parlamentarios excepto Bildu

JxCat empraza o PP a reunirse con Puigdemont en Waterloo e Tellado rexeita


Asistentes a un concerto / Europa Press

O Goberno quere prohibir o aumento do prezo na revenda de entradas

01/07/2025 08:29

Esta medida busca atacar os incentivos económicos que hai agora na revenda para poder acabar con ela, afirman no Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030


A IV Conferencia Internacional da ONU

A primeira xornada do cumio da ONU en Sevilla deixou un consenso sen os EUA

30/06/2025 21:21

Na inauguración, o rei pediu aumentar o financiamento en cooperación e saír da conferencia cun plan baseado "no concreto, no tanxible e no realizable"

Para pechar o luns, unha cea no Palacio de Dueñas ofrecida polo presidente do Goberno

Sánchez anuncia a apertura en Madrid da Casa de Nacións Unidas


O BBVA mantén a súa opa sobre o Sabadell malia as condicións do Goberno

30/06/2025 18:50

A entidade quere que os accionistas do Sabadell decidan canto antes o seu futuro

O Executivo esixe manter ambas as entidades separadas polo menos durante tres anos

Etiquetas:  BANCA   BBVA   SABADELL

EFE/Borja Sanchez-Trillo

Cuca Gamarra deixará a secretaría xeral do PP no congreso desta fin de semana

30/06/2025 15:48

Feijóo renovará a dirección do partido, pero manterá Gamarra no seu núcleo duro

A exnúmero dous podería asumir competencias en Xustiza na nova etapa

Categorías:  Política   España
Etiquetas:  PP   CUCA GAMARRA

EFE

Sánchez di que actuaron con contundencia con Cerdán e que agora é o momento da xustiza

30/06/2025 13:48

Insistiu en que o PSOE actuou "de maneira contundente" desde o primeiro momento, asumíronse responsabilidades políticas, apartouse a Cerdán do partido e agora é á xustiza, recalcou, á que lle toca dirimir "exactamente cales son as responsabilidades no caso de Cerdán"

O PP di que Sánchez "debe abandonar inmediatamente" a Moncloa


A policía busca o autor dunha agresión sexual a unha moza de 21 anos en Alcalá de Henares

30/06/2025 13:31

As cámaras de seguridade puideron captar o momento da agresión e a posterior fuxida do sospeitoso


EFE/Lavandeira Jr

O rei Xoán Carlos publicará as súas memorias a finais de ano: "Sinto que me rouban a miña historia"

30/06/2025 12:28

Segundo a editorial, é un escrito rico en anécdotas con episodios significativos da historia recente e detalles da súa vida persoal

 


(Europa Press/Andrés Rodríguez)

O TSX de Estremadura non recoñece o aforamento de Gallardo e di que "é unha fraude de lei"

30/06/2025 11:55

O TSXEs considera que o líder dos socialistas estremeños adquiriu a condición de deputado autonómico para eludir a competencia do xulgado de instrución e da Audiencia provincial


Europa Press

Xuíces e fiscais comezan unha folga de tres días contra as reformas do Goberno

30/06/2025 10:52

A folga comeza mañá, e as asociacións responsables tomaron as medidas necesarias para garantir a atención aos cidadáns

O CXPX considera a folga ilexítima por non ter base legal

Categorías:  Política   España
Etiquetas:  XUSTIZA   FOLGA

O rexistro de alugueiro de curta duración é obrigatorio a partir deste martes

30/06/2025 10:48

Opera sobre o alugueiro turístico, de tempada ou de cuartos 

Recibíronse 199.686 solicitudes, maioritariamente de alugueiro turístico, concentradas nas provincias de Málaga, Gran Canaria, Alacante, Baleares e Barcelona

Os aloxamentos precisan un código de rexistro que debe ser visible nas plataformas en que se anuncian

Etiquetas:  VIVENDA   ALUGUEIRO
Publicidade
Publicidade