Novas
Novas

Prisión permanente revisable para o autor do triplo crime de Valga
24/03/2023 16:48
Tamén lle impuxo a prohibición de residir no termo municipal de Valga durante 32 anos e a privación da patria potestade sobre os seus fillos

Sacrifican para a venda a Miss Vaca Galicia
24/03/2023 16:22
Cun peso duns 600 quilos en canal, Rubia foi directa ao matadoiro de Montellos, onde será clasificada para a súa venda

Abre ao público o visor submarino Nautilus en Vigo
24/03/2023 16:12
A estrutura permite observar a biodiversidade dos fondos que se están a rexenerar no porto

Galicia será pioneira co primeiro centro público de coidados intermedios do Estado
24/03/2023 15:21
Destinarase á rehabilitación de maiores despois dunha estadía hospitalaria e antes de que poidan regresar aos seus domicilios
A Consellería de Política Social prevé que estea en funcionamento en Santiago no primeiro trimestre de 2024

Sanidade habilitará novas axudas para pacientes que teñan que desprazarse a outra área
24/03/2023 15:02
A proposta contempla novas axudas de ata 30 euros ao día para aloxamento e comida, cun máximo de 450 ao mes
A compensación por desprazamento subirá ata os 0,15 €/km

Susto por mor dun incendio nun taller de chapa e pintura da Coruña
24/03/2023 14:55
Non houbo danos persoais
O negocio xa funciona con aparente normalidade

Ás voltas coas rotondas tras case 50 anos de existencia
24/03/2023 14:47
Respectar a velocidade, a prioridade de paso e evitar cambios bruscos de carril son as claves principais para unha conducción axeitada por elas

A AIReF advirte de que a reforma das pensións elevará o déficit
24/03/2023 14:46
Pedro Sánchez di que terá en conta o informe da Auroridade Independete de Responsabilidade Fiscal, pero defende a reforma

Os líderes da UE confían na liquidez dos bancos europeos
24/03/2023 14:46
Os xefes de Estado e de Goberno dos Vinte e sete avaliaron a situación coa presidenta do BCE
España apoia a creación dun fondo común de garantía dos depósitos

Oito centros galegos optan ao Premio Stephen Hawking de investigación científica
24/03/2023 14:40
O IES Rosalía de Castro de Santiago valora os 40 traballos presentados e esta tarde dará a coñecer o gañador
A paleontóloga galega María Martinón preside o xurado: "Hai futuro para o homo sapiens, e está en mozos coma estes"