Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novas

Harris celebra a consecución dos delegados na sede da campaña demócrata, este luns en Wilmington, Delaware (Reuters)

Kamala Harris acada apoios abondos para ser a candidata demócrata á Casa Branca

23/07/2024 06:05

A actual vicepresidenta podería ser proclamada candidata o 1 de agosto sen necesidade de primarias

Biden rompeu o silencio nunha intervención telefónica defendendo a súa decisión de facerse a un lado

Obama e algúns gobernadores aínda non se pronunciaron

 



O ourensán Alejandro Blanco derrocha optimismo a uns días dos Xogos

22/07/2024 21:49

O presidente do Comité Olímpico Español fala dun "cambio de mentalidade" na ambición dos deportistas que presenta a delegación española

Categorías:  Deportes
Etiquetas:  XOGOS OLIMPICOS

O Goberno reúnese cos grupos parlamentarios para consensuar o plan de rexeneración democrática

22/07/2024 21:32

Os ministros Bolaños e Urtasun destacan a "sintonía" nos encontros con BNG, Podemos, EH-Bildu e PNV

En Podemos din estar "decepcionados" tras constatar que o PSOE "non vai romper" o acordo co PP para a renovación do Poder Xudicial

O BNG tamén criticou que os socialistas ratifiquen que van manter ese pacto cos populares 

 


Morre unha nena de 11 anos ao caer dun sétimo andar nun hotel de Mallorca

22/07/2024 21:16

A nena estaba de vacacións coa familia e precipitouse dende a terraza mentres os pais estaban durmindo

A pesar dos intentos por reanimala, non puideron salvarlle a vida



Borja Iglesias volve vestir a camisola do Celta

22/07/2024 20:34

"Sempre pensaba no efémero que fora o meu paso anterior", comentou o Panda na súa presentación como novo xogador celeste

Categorías:  Deportes   Celta

Ante a chegada da calor, milleiros de galegos buscan refrescarse nas piscinas

22/07/2024 20:33

Buscar a sombra, hidratarse e estar nunha piscina son bos consellos que seguir coa calor

Categorías:  Galicia   Sociedade   Vida
Etiquetas:  TEMPO   CALOR   PISCINA

Atopan con vida o home desaparecido en Rairiz de Veiga

22/07/2024 19:57

Unha ambulancia acudiu á zona de Sabariz para atendelo


Falece unha muller cando se atopaba na auga nunha praia de Muros

22/07/2024 16:32

Atopouna inconsciente unha mariscadora

Etiquetas:  AFOGAMENTO


Fogos detrás da catedral de Santiago

Os Fogos do Apóstolo deste ano reducen as súas localizacións a tres puntos da cidade

22/07/2024 16:29

Os fogos serán lanzados no parque da Alameda, no parque de Carlomagno e na Cidade da Cultura

A empresa encargada dos fogos indica que os chamados 'fogos pequenos' do día 31 serán bastante podentes este ano


Os trens AVLO de baixo custo circulan dende este luns entre Galicia e Madrid

22/07/2024 16:15

O primeiro dos trens que cobre esta liña ía case completo

Etiquetas:  TREN

Prisión permanente revisable por matar unha vendedora da ONCE que lle reclamaba 200 euros

22/07/2024 16:10

O home  envolveu o cadáver nuns plásticos e comprou ladrillos, cemento e area para construír un habitáculo para ocultar o cadáver


Mariscadoras en Lourizán, na ría de Pontevedra

As mariscadoras de Lourizán volven ao traballo seis meses despois

22/07/2024 16:09

As enchentes do pasado inverno mataran a maioría do produto

Todas elas conseguiron apañar no seu primeiro día o tope de cinco quilos


O xuíz Peinado chama a declarar a Pedro Sánchez na causa contra Begoña Gómez

22/07/2024 15:40

A declaración foi  solicitada polas acusacións populares dirixidas por Vox

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  BEGOÑA GÓMEZ

Acordo para a renovación de Hugo Sotelo, que volve ao primeiro equipo do Celta

22/07/2024 15:37

O xogador estivo a semana pasada apartado no Celta Fortuna

Categorías:  Deportes   Celta

Morre unha nena ao caer dun sétimo andar nun hotel de Mallorca

22/07/2024 15:37

A pequena de 11 anos precipitouse mentres os pais estaban durmindo 

A Garda civil investiga o suceso, pero todo apunta que foi unha caída accidental

Categorías:  España   Sucesos
Etiquetas:  ACCIDENTE

Poñen marcas nas vivendas de todo un bloque en Santiago para detectar cales están baleiras para roubar

22/07/2024 15:21

Os propietarios danse conta dos fíos de pegamento a raíz do roubo nunha vivenda

A policía divulga este tipo de marcas dos ladróns e pide que se denuncien 

Lembra tamén as recomendacións para protexer as vivendas nas vacacións


Escudero, na súa presentación.

O novo reto de Sergio Escudero

22/07/2024 15:07

O valisoletano busca dar un paso máis na súa ampla carreira coa chegada ao Deportivo

Falou de que o Dépor é un club histórico, e iso axudou a decantar a balanza


Rubén Río chega ao Cangas

22/07/2024 14:57

O lateral dereito procede do Balonmán Cuenca, onde a pasada tempada anotou 50 goles

Trátase da cuarta incorporación para os do Morrazo


Continúa a busca do ancián desaparecido en Rairiz de Veiga

22/07/2024 14:16

En Rairiz de Veiga continúan buscando o home de 98 anos desaparecido dende a tarde do venres. A

Varios feridos polo lanzamento de petardos dende unha ventá en Ribeira

22/07/2024 14:08

Todo apunta á protesta dun veciño polo ruído da festa nocturna

A rúa estaba chea de xente pola Festa da Dorna e xa pasara noutras ocasións, como durante a final da Eurocopa

Categorías:  Galicia   Ribeira   Sucesos
Etiquetas:  FERIDOS

Veciños da parroquia luguesa de Coeses denuncian a existencia dun vertedoiro incontrolado

22/07/2024 13:55

Quéixanse de que tiran alí todo tipo de refugallos

Reclámanlle unha solución ao Concello de Lugo


Peche doutro comercio de proximidade en Lugo, un supermercado de barrio con 43 anos de historia

22/07/2024 13:38

Os donos xubílanse e non hai quen siga co negocio

Os veciños aseguran que o van botar en falta pola súa proximidade e polo servizo que presta sobre todo á xente maior


Fonte: Celta Baloncesto

O calendario da Liga Feminina Endesa xa está aquí

22/07/2024 12:53

Baxi Ferrol, Ensino e Celta afrontan un curso máis na elite do baloncesto feminino español

A competición iníciase o 5 de outubro e rematará a mediados de maio coa final


Inspección da Garda Civil nunha carnicería de ourense

Investigan sete persoas por irregularidades en granxas de Ourense e incáutanse de mil quilos de carne

22/07/2024 12:47

A denuncia relataba a existencia de malos tratos dos animais, medicación sen prescrición veterinaria por parte dos propietarios das granxas e tratamento inadecuado dos animais

Categorías:  Sucesos
Etiquetas:  FRAUDE   CARNE

Contedores queimados nunha rúa da Coruña, onde o servizo de recollido do lixo está en folga desde hai case un mes (TVG)

A Coruña entra en emerxencia sanitaria e o mércores terá unha nova recollida de lixo

22/07/2024 11:39

O prazo para presentar as ofertas remata o 24 de xullo ás 10:00 horas e os requisitos son que dispoñan de 13 vehículos e 32 operarios

O Concello dera un ultimato de 72 horas antes de declarar a emerxencia


Álex Hernández, nun partido co Leyma Coruña. BASQUET CORUÑA

O capitán queda na casa: Álex Hernández renova co Leyma Coruña

22/07/2024 11:18

O base murciano cumprirá a súa cuarta tempada no conxunto coruñés

Con esta renovación, xa son catro os xogadores confirmados para o debut en ACB


O xuíz que investiga a Begoña Gómez cita como testemuña a Pedro Sánchez para o día 30

22/07/2024 11:18

O xuíz practicará a proba testifical nas instalacións da Moncloa

Feijóo pídelle a Sánchez que redacte a súa terceira carta, a de dimisión, como el mesmo lle pedira a Rajoy en 2017 tras ser chamado a declarar

Peinado acordou ademais cambiar a condición do reitor da Universidade Complutense de Madrid de testemuña a investigado


A Xunta aumenta un 40 % a dotación para as ambulancias das sete áreas sanitarias galegas

22/07/2024 11:17

Autorizadas as licitacións por valor de 84 millóns de euros para o funcionamento de 342 vehículos sanitarios nos vindeiros dous anos


Chegada á estación de Chamartín do primeiro tren Avlo Vigo-Madrid, que saíu da estación de Urzáiz ás 05:57 horas deste luns

Renfe estrea os trens Avlo en Galicia con cheo total e unha parada de quince minutos en Santiago

22/07/2024 10:55

A partir deste luns, hai dous servizos Avlo diarios, un por sentido, que alternan as súas orixes / destinos entre Vigo-Madrid e A Coruña-Madrid, con paso por Santiago de Compostela

Etiquetas:  TREN   RENFE   AVLO

Julio Torrado durante a entrevista este luns na Radio Galega

Julio Torrado: "Galicia aprovéitase do índice de crecemento de España, pero medra menos"

22/07/2024 10:09

Criticou a falta de acción do goberno da Xunta logo dos primeiros cen días desta lexislatura

Avanza que o PSdG tentará que nos próximos orzamentos de España as bonificacións da AP9 puidesen chegar ao 75 %

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  PSDEG

En primeiro termo (coas fiestras vermellas), edificio desde o que se precipitou o mozo (TVG)

Cae do tellado dunha casa en Vigo cando contemplaba os fogos de Bouzas

22/07/2024 10:03

Precipitouse por un buraco desde unha altura duns oito ou nove metros

Rescatouno a Policía Local nunha acción complicada porque o inmoble estaba tapiado e en obras


Fonte: RFEP

Pablo Crespo chega en forma a París

22/07/2024 09:34

Grande actuación do piragüista galego no Mundial de Esprinte Olímpico sub-23

Crespo sumou un ouro na categoría C2 1000 e unha prata en C1 1000


A conselleira de Política Social e o Director xeral de Inclusión durante a conferencia sectorial

Galicia solicita unha conferencia de presidentes e a declaración de emerxencia migratoria por parte do Goberno central

22/07/2024 09:26

A Conferencia Sectorial de Inmigración tratará sobre o borrador do novo regulamento de estranxeiría  

O PP votará en contra da reforma da lei de estranxeiría este martes no Congreso ao non aceptar o Goberno as súas condicións


Teresa Abelleira, nun partido coa selección

Teresa Abelleira, o temón do mediocampo español

22/07/2024 09:19

A pontevedresa chega ás olimpíadas despois de marcar un gol dende o centro do campo ante Bélxica

Quere gañar no seu debut olímpico e sumar o ouro ao Mundial do ano pasado


Kamala Harris, nunha imaxe de arquivo xunto a Joe Biden

Kamala Harris recibe apoios nas filas demócratas, pero algúns gobernadores e Obama non se decantaron aínda

22/07/2024 09:01

Biden anuncia que non se presenta á reelección como presidente dos Estados Unidos

Os Clinton amosan o seu apoio á actual vicepresidenta, pero Obama evita pronunciarse de xeito explícito

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  OS EUA


Publicidade
Publicidade