España xoga contra Bélxica o segundo partido da Eurocopa
Hai un ano, os dous equipos xogaron en Riazor con vitoria española por 2-0
A pontevedresa Tere Abelleira marcara un espectacular gol naquel partido
España parte como clara favorita neste segundo partido da Europa
Hai case un ano, o 17 de xullo, España e Bélxica atopábanse en Riazor nun encontro clasificatorio para a Eurocopa. 2-0 gañaran as de Montse Tomé, que xa tiñan asegurada a clasificación. Meses antes golearan en Bélxica por 0-7. Con eses datos e os cinco goles marcados o xoves fronte a Portugal, o cartel de favorito é facilmente adxudicable.
Coa recuperación de Aitana Bonmatí, suplente diante de Portugal, e o partidazo con gol de Vicky López, o centro do campo titular é unha ioncógnita. Todas as combinacións son posibles.
Voltamos a aquel partido en Riazor. Lembran este golazo. Foi de Tere Abelleira, á que unha grave lesión afasta da cita europea. Á pontevedresa tocaralle gozar do fútbol das súas compañeiras desde a casa,