Publicador de contidos

Publicador de contidos

Brillante sexto posto de Ares na Bandeira de Sestao

Brillante sexto posto de Ares na Bandeira de Sestao

Ares só foi superada polas embarcacións da quenda de honra e Hondarribia

Cabo da Cruz foi o penúltimo e pecha a clasificación da Liga ACT

Orio conseguiu a segunda vitoria en dúas regatas

Arraun Lagunak gaña na categoría feminina logo dun espectacular sprint

G24.gal 06/07/2025 16:42

Tralo oitavo tempo que fixera na contrarreloxo inaugural de Bilbao, Ares acadou un brillante sexto posto na segunda xornada, superando a seis embarcacións, nesta Bandeira de Sestao.
A estratexia entrou en xogo no campo de regatas situado na desembocadura do río Nervión. Correntes e vento influiron e as traiñeiras buscaban achegarse ao carreiro 4, onde saiu con forza e xa imparable Hondarribia na segunda quenda.
Ares entrou entón en loita con Getaria.

A Santa Olalla tiña que aumentar o ritmo de pada e así o fixeron. Excelente reacción da tripulación galega no terceiro longo que non só conseguiu superar a Getaria e á descolgada Lekitarra, senón tamén mellorar o tempo das catro embarcacións da quenda anterior.
Ares rematou así a primeira semana de liga situándose no sétimo posto da clasificación xeral, co mesmo equipo co que ascendera a temporada pasada.

A táboa deixa no posto de pechacancelas a Cabo da Cruz que viviu en Sestao a súa segunda proba de nivel. Este ano no que se presentan cun equipo remodelado e con pouca experiencia.
Cabo mudou dúas pezas da tripulación que onte fora penultima en Bilbao. Hoxe rematou no mesmo posto, a dez segundos do décimo. Co handicap de que sairon na primeira quenda, a que máis imfluencia das correntes sufriu.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade