Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chapela fai historia cos dous títulos da Liga Galega de traiñeiras

Chapela fai historia cos dous títulos da Liga Galega de traiñeiras

Gañou a liga masculina por primeira vez na súa historia

Buscará a clasificación para a Bandeira da Concha e o ascenso no play off de mediados do mes de setembro

G24.gal 24/08/2025 17:59

A Liga Galega de traiñeiras chegou á fin. Chapela coroouse como a gran vencedora ao acadar os títulos tanto na categoría masculina como na feminina. 

Na masculina o equipo de Juan Zunzunegui acadou o primeiro posto de xeito matemático na xornada do sábado en Castropol. O domingo en Moaña foi un paseo triunfal onde acadou a vitoria número trece. Só fallou nunha regata, en Cesantes, moi preto da súa casa. A ambición do proxecto estaba clara cando asinaron ao ex padexeiro olímpico e agora falta o seguinte obxectivo que se marca o club, colocarse no escaparate da Liga ACT. 

No caso do equipo feminino non era o primeiro triunfo nunha Liga Galega. Xa leva moitos anos acadando éxitos e impúxose a Tirán nunha bonita pelexa que tiveron os dous referentes do remo galego. Agora buscarán meterse na clasificatoria da Concha que se remará na primeira semana do mes de setembro e logo afrontar o play off á Euskotren no que coincidirán con Tirán, San Xoán, Zarautz e Donostiarra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade