Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chapela acariña a Liga Galega de Traiñeiras nas dúas categorías

Chapela acariña a Liga Galega de Traiñeiras nas dúas categorías

O equipo masculino e feminino redondelán gañou en Cabo da Cruz e ten o título na man a falta de dúas xornadas para o final

G24.gal 17/08/2025 17:58

O equipo feminino de Chapela conseguiu gañar en Cabo da Cruz cunha diferenza moi ampla sobre Tirán. Coa vitoria sácalle seis puntos ao equipo de Moaña e a falta de dúas xornadas para o final ten o título no peto. Chapela gañou con máis de trinta segundos de vantaxe nunha regata na que Salgado Perillo deu a sorpresa ao rematar na cuarta posición. 

Na categoría masculina os de Juan Zunzunegui tamén conseguiron a vitoria pero tiveron que sufrila. Na segunda quenda Castropol marcou o mellor tempo. O vento foi a máis e complicoulle as cousas ás de quenda de honra. De feito, Chapela foi a única que conseguiu rebaixar os seus tempos e só por sete segundos. Xa lle saca na xeral da Liga Galega once puntos a Tirán e pode ser campioa o vindeiro sábado e cunha semana de marxe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade