Publicador de contidos

Publicador de contidos

Norris gaña en Silverstone un Grande Premio marcador pola choiva

Norris gaña en Silverstone un Grande Premio marcador pola choiva

Alonso rematou no 8º posto e Sáinz no 12º

Primeiro podio para Hulkenberg logo de 239 carreiras

G24.gal 06/07/2025 20:21

Saída do Gran Premio de Gran Bretaña, Silverstone. Xornada de tolos na que Verstappen arrancou desde a pole e na que cedo comprobamos que ía ser un día accidentado... Con Lawson e Bortoleto fóra da carreira... e na que Piastri era o piloto máis rápido. 

Piastri adiantou a Verstappen e tomou o mando, con Norris por detrás. E nesas apareceu a chuvia. E con ela os cambios apresurados de rodas e os accidentes... Coa organización parando a carreira por exceso de auga. E con Piastri freando en seco como estratexia na resaida. Por esa manobra caéronlle dez segundos de sanción que lle serviron a Norris pra gaña-la carreira e acurtar distancia no mundial a oito puntos con Piastri. Un Piastri que acabou de segundo e Hulkenberg, co seu Sauber, terceiro. Primeiro podium pra el logo de 239 carreiras.

Alonso precipitou o último cambio de gomas e acabou de noveno e Sáinz foi decimosegundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade