O Amfiv precisa cartos para seguir competindo
Non puido inscribirse na liga e ten unha prórroga ata o venres
Precisa 60 mil euros para seguir competindo
Ó Amfiv é un referente galego no deporte con discapacidade
As portas do pavillón de Bouzas, as portas do baloncesto de elite en cadeira de rodas ameazan con pechar esta temporada en Galicia. Porque o único equipo na máxima categoría, ese tan importante desde 1982 pra integración dos discapacitados... ese que foi punteiro en España e ata campión en Europa... ese que paseou con orgullo a bandeira galega e apañou distincións...
Ese... non ten cartos pra afronta-la competición.
Este venres non puido compreta-la inscripción e pediu unha semana extra pra tratar de logra-los cartos.
Se non os conseguen o Amfiv, equipo de referencia da nosa Galicia, renunciará a súa praza en Primeira e revisará a viabilidade do proxecto.
