O Noia perde en Palma nun partido tolo
O partido corresponde a xornada 9 pero adiantouse pola compromiso dos baleares que disputarán a Copa Intercontinental
Os de David Palmas chegaron a estar por diante mediado o segundo período e remataron cedendo por un avultado 11 – 6

O Noia Fútbol Sala caeu na casa do campión intercontinental, o Palma Futsal, nun partido onde tivo opcións ata o treito final do mesmo. O choque corresponde á novena xornada de liga pero adiantouse por mor dos compromisos internacionais do equipo balear.
Ao descanso chegaríase con táboas no marcador, 3-3, despois de comezar perdendo o equipo galego pero foi quen de darlle a volta ao encontro cos goles de Macedo e David Pazos en dúas ocasións. Tras o descanso, os noieses chegaron a adiantarse ata duas veces (3-4 e 4-5) cos tantos de Biel e Macedo, pero cada gol visitante era replicado ó momento por parte do equipo balear. Os de Vadillo conseguiron anotar sete goles nos últimos dez minutos de partido aproveitándose da táctica do porteiro xogador posta en xogo polo técnico galego David Palmás para buscar sacar algo positivo de Mallorca. O gol acadado polo noiés Ismael a sete segundos do final deixaría o 11-6 final no marcador, resultado demasiado esaxerado para a igualdade vista no pavillón de Son Moix.