Publicador de contidos

Publicador de contidos

Juan Copa: "Só levamos cinco xornadas, pero é importante no inicio empezar ben"

Juan Copa: "Só levamos cinco xornadas, pero é importante no inicio empezar ben"

O Liceo colócase líder tras unha xornada chea de movementos

G24.gal 20/10/2025 15:38 Última actualización 20/10/2025 15:45

A quinta xornada da OK Liga 2025/26 reordenou a clasificación cun novo líder no máis alto: o Hóckey Club Liceo, que se impuxo ao Calafell A Menorquina por 3-2, aproveitando a derrota do Reus Deportiu Brasília ante o Barça para tomar o liderado en solitario.

Juan Copa: "Só levamos cinco xornadas, pero é importante no inicio empezar ben"

O equipo galego sumou a súa cuarta vitoria do curso e, con 13 puntos, encabeza unha táboa que continúa igualadísima pola parte alta. Séguenlle de preto o Igualada Rigat HC, que goleou con autoridade ao InnoAesthetics Sant Just (5-0), e o Reus Deportiu Brasília, que caeu en casa por 2-4 ante o Barça.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar