Publicador de contidos

Publicador de contidos

Donald Trump volve bater con Elon Musk, a quen chama "tren descarrilado"

Donald Trump volve bater con Elon Musk, a quen chama "tren descarrilado"

O presidente dos Estados Unidos avanza o fracaso dun terceiro partido logo de que o oligarca propietario de Tesla anunciase a intención de crear unha formación política para disputar o espazo a republicanos e demócratas

G24.gal 07/07/2025 08:16

O presidente estadounidense Donald Trump chamou "tren descarrilado" ao seu antigo aliado, o magnate Elon Musk, e anticipou o fracaso dun terceiro partido político nos EUA, despois de que o empresario anunciase a creación dun chamado America Party.

"Entristéceme ver a Elon Musk perder o rumbo por completo, esencialmente converténdose nun TREN DESCARRILADO nas últimas cinco semanas", dixo o mandatario en Truth Social esta tarde, aludindo ao período desde que o home máis rico do mundo deixou o seu cargo na Casa Branca.

"Mesmo quere empezar un terceiro partido político, pese ao feito de que nunca prosperaron nos Estados Unidos: o sistema parece non deseñado para eles", agregou Trump, que opinou que o país xa ten bastantes problemas co Partido Demócrata como para sumar caos e disrupción.

"Penso que é ridículo crear un terceiro partido", dixo Trump aos xornalistas antes de embarcar no Air Force One en Morristown, Nova Jersey. "Crear un terceiro partido só aumenta a confusión. Pode divertirse con iso, pero creo que é ridículo".

Musk, que supostamente ía deixar a política e centrarse nas súas empresas tras abandonar o liderado do Departamento de Eficiencia Gobernamental (DOGE), dixo o sábado que crearía un novo partido político tras semanas expresando oposición á lei fiscal e orzamentaria de Trump.

Trump atribuíu esa oposición de Musk a esta lei, de novo, á eliminación dos incentivos aos vehículos eléctricos como Tesla, que asegura que o empresario coñecía de antemán.

Mentres, Musk seguiu escribindo en X este domingo sobre o America Party, tachou de falsos informes que apuntaban a que fora xa rexistrado ante a Comisión Electoral Federal e reaccionou aos comentarios de Trump con sorna, considerando que reflicten medo.

"O America Party necesítase para combater o unipartido republicano/demócrata", dixo Musk nunha mensaxe, dando visibilidade a un gráfico coa tese de que os dous partidos contribuíron ao aumento da débeda pública nos EUA, unha das súas grandes preocupacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade