Feijóo á patronal catalá: "Fáltanme os votos dos seus"
O líder do PP pídelle axuda ao empresariado catalán para convencer a Junts de que apoie unha moción de censura instrumental
O PSOE admite que a entrada de Ábalos no cárcere causa "dano" ao partido e acúsao de mentir para lograr beneficios co xuíz
"É unha imaxe moi desagradable", asegura a ministra socialista Elma Saiz sobre a entrada de José Luis Ábalos e Koldo García no cárcere de Soto del Real.
No PSOE admiten que a entrada en prisión do seu exsecretario de Organización é unha imaxe que lles fai "dano", pero ao mesmo tempo renegan del e das súas últimas declaracións.
María Jesús Montero acusa a José Luis Ábalos de "intentar implicar, con mentiras e loiadas, a persoas inocentes porque cre que vai chegar a un mellor acordo sobre a súa propia sentenza".
O líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo, cre que o Goberno si está sendo "extorsionado" polos que eran compañeiros de partido.
O PP anima "os votantes de Vox" a manifestarse este domingo en Madrid en contra do criterio da dirección do partido de ultradereita, que xa se pronunciou en contra da convocatoria.
A cúpula de Vox cre que o PP non ten convocar unha manifestacións, senón presentar unha moción de censura.
"A min non me faltan ganas para presentar unha moción de censura, fáltanme votos", asegurou este venres Alberto Núñez Feijóo diante da patronal catalá, á que lle pediu axuda. "Fáltanme votos dos seus", en referencia a Junts.
Pola súa parte, o presidente do PNV, Aitor Esteban, considera que "no Estado, é verdade que as costuras estanse tensando moito".
Núñez Feijóo ofrécelles unha moción de censura instrumental destinada, unicamente, a convocar eleccións xerais de inmediato.