Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez reúne a nova executiva socialista en que se estrea Rebeca Torró como número 3

Sánchez reúne a nova executiva socialista en que se estrea Rebeca Torró como número 3

A nova secretaria de Organización, Rebeca Torró, repartirá tarefas con Borja Cabezón e Anabel Mateos como adxuntos ao cargo

No Comité Federal do pasado sábado houbo un peche de filas maioritario arredor de Sánchez, coa case única excepción do presidente de Castela-A Mancha Emiliano García-Page

EFE / Eva Ercolanese PSOE EFE / Eva Ercolanese PSOE
G24.gal 07/07/2025 08:57

O presidente do Goberno e secretario xeral socialista Pedro Sánchez reúne este luns a nova executiva do PSOE tras a entrada no cárcere do exsecretario de Organización Santos Cerdán. A encargada de substituír a Cerdán será a valenciana Rebeca Torró, que acaba de ser nomeada secretaria de Organización.

Tras o longo Comité Federal do pasado sábado, no que houbo un peche de filas maioritario arredor de Sánchez, coa case única excepción do presidente de Castela-A Mancha Emiliano García-Page, os socialistas arrincan unha etapa na que pretenden deixar atrás a sombra do caso Koldo, no que están implicados Santos Cerdán e o exministro José Luis Ábalos.

Na reunión analizarán, previsiblemente, as trece medidas internas que Sánchez propuxo no Comité para tentar previr e erradicar comportamentos corruptos e a batería de reformas lexislativas que o presidente anunciará no Congreso na súa comparecencia monográfica sobre o caso Koldo do próximo mércores.

Na reunión da executiva estrearase a nova secretaria de Organización, Rebeca Torró, quen finalmente contará con Borja Cabezón e Anabel Mateos como adxuntos para repartiren as responsabilidades deste debido a que pasará a ter un cariz máis coral tras o escándalo de Santos Cerdán e no que finalmente non participará Francisco Salazar, que o sábado dimitiu dos seus cargos no PSOE e en Moncloa entre acusacións de acoso sexual.

Este será tamén outro dos temas que pode tratar a dirección nacional socialista, sobre todo despois de que o partido afirmase o seu compromiso contra a violencia contra as mulleres e decidise endurecer o seu código ético para poder expulsar os militantes que paguen por sexo.

Mañá estrearán os seus cargos de vogal o secretario de Estado de Telecomunicacións Antonio Hernando, a segoviana Clara María Martín García e a cántabra Carmen González Caballero.

Posteriormente, Montse Mínguez ofrecerá a súa primeira conferencia de prensa como portavoz do PSOE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade