Novas

Samu Pereiro, sétimo reforzo do Frigoríficos

18/06/2025 13:59

Pereiro chega ao Gatañal avalado polo técnico Quique Domínguez, quen o dirixiu esta última tempada no Anaitasuna


Haya Blanco: "Eu non borro cando pinto porque na costa sempre hai superposición de liñas"

18/06/2025 13:34

Haya Blanco representa, a través da pintura, paisaxes de interior pero principalmente de costa e actividades tradicionais relacionadas coa xeografía

A artista quere facernos tomar consciencia da contorna que nos rodea e as emocións que nos provocan 

'Sardiña Season', na galería La Doce de Boiro ata o 26 de xullo
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Na pista que quedou sen amañar as fochas teñen varios metros de ancho

Usuarios da estrada vilalbesa que une Fabás e Samarugo denuncian o mal estado do firme

18/06/2025 13:27

As pistas da contorna foron arranxadas pola Administración local, polo que a veciñanza reclama o mesmo trato e que se renove o pavimento


Deteñen un veciño de Oia por varios presuntos roubos con forza e furtos

18/06/2025 12:57

En todos os casos tratábase de vivendas unifamiliares de fácil acceso, na súa maioría segundas vivendas. Os roubos levaban a cabo mediante o método de escalo, e provocando danos nas xanelas para acceder ás vivendas.

Entre os efectos subtraídos había xoias, diñeiro, obxectos de decoración, enxoval de fogar, teléfonos móbiles e bicicletas

Etiquetas:  ROUBOS

O portavoz de ERC, Gabriel Rufián, abandona o Congreso para reunirse con Sánchez na Moncloa (EFE)

Rufián ve a Sánchez "tocado" e arríncalle o compromiso de perseguir os "corruptores"

18/06/2025 12:49

O portavoz de ERC asegura: "Non sei canto tempo queda, non sei o que vai pasar"

O PNV traslada a súa preocupación a Sánchez, pero asegura que non comerciará coa situación

Podemos, ao igual que o BNG non participa na rolda de contactos co presidente do Goberno: "Politicamente, a lexislatura xa está morta"

Page di que Sánchez "non ten saída digna" e cre que "queda moitísimo por saberse"


EFE

Page di que Sánchez "non ten saída digna" e cre que "queda moitísimo por saberse"

18/06/2025 12:43

O presidente de Castela-A Mancha cre que é o momento de menor credibilidade para o PSOE na historia

Asegurou que as informacións que máis preocupan a Sánchez aínda non están nos xornais


(Europa Press)

Red Eléctrica asegura que se as centrais cumprisen, o apagamento non se produciría

18/06/2025 12:38

A presidenta non executiva de Redeia, Beatriz Corredor, acusa as eléctricas de dar información parcial e sen suficiente calidade

As eléctricas din que cumpriron e cuestionan decisións de Red Eléctrica no apagamento


Bruxelas denuncia a España por non adaptar unha directiva sobre condicións de traballo

18/06/2025 12:33

A Comisión Europea solicita sancións financeiras por non traspoñer as disposicións da norma comunitaria

A norma europea esixe que os traballadores reciban información completa sobre aspectos esenciais do seu posto, como horario e remuneración

"Os esforzos das autoridades foron insuficientes", din desde Bruxelas


Alessandro Bremec/IPA via ZUMA P/DPA

Mario Draghi, premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional 2025

18/06/2025 12:11

A este premio, último dos oito galardóns internacionais que convoca este ano a Fundación Princesa de Asturias e que cumpren con esta a súa XLV edición, optaban un total de 31 candidaturas de 13 nacionalidades

Os Premios Princesa de Asturias están destinados, segundo sinala o seu Regulamento, a galardoar o labor científico, técnico, cultural, social e humanitario realizado por persoas, institucións, grupos de persoas ou de institucións no ámbito internacional


Arquivo/Jesús Hellín/Europa Press

Igualdade levará ao Consello de Ministros unha lei para abolir a prostitución

18/06/2025 11:41

A proposta forma parte dun paquete de medidas contra o machismo que Ana Redondo prevé presentar en setembro

 


A Policía detén cinco persoas nun operativo contra o tráfico de drogas en Pontevedra

18/06/2025 11:40

Os axentes realizaron tres rexistros en domicilios e nun establecemento hostaleiro


Carnota rexistrou 30 graos nunha madrugada en que moitas zonas de Galicia superaron os 20 graos

18/06/2025 11:30

Para este mércores MeteoGalicia mantén activo un aviso laranxa no Miño de Ourense por altas temperaturas, xa que se poderán alcanzar os 40 graos

Ademais están activos avisos amarelos en Ourense, o sur de Lugo, Valdeorras e Miño de Pontevedra


EFE/Román Ríos

Barricadas e enfrontamentos coa policía na primeira xornada da folga do metal en Cádiz

18/06/2025 11:08

Hai catro detidos por desorde pública e danos e unha muller ferida nos incidentes cos axentes

A queima de barricadas obrigou a cortar o tráfico en varios puntos da cidade

Adif informou de que está interrompida a circulación de trens con orixe e destino Cádiz debido a un incendio


Deteñen o presunto ladrón de bancos da Coruña, Melide e Ponferrada

18/06/2025 10:54

O detido está acusado dos delitos de roubo nos bancos e furtos e estafas noutras comunidades autónomas

Atopouse en Valladolid e foi enviado a prisión provisional


Jesús Hellín/Europa Press

Cerdán adquiriu en 2016 case a metade dunha construtora sinalada no informe da UCO

18/06/2025 10:39

Trátase de Servinabar 2000, administrada por Antxón Alonso, de que a Garda Civil sospeita que podería aboar "contraprestacións" ao exministro José Luis Ábalos e ao seu exasesor Koldo García


Ana Palacio: "Necesitamos defensa europea, e aí Galicia debe ser unha boa punta de lanza"

18/06/2025 10:30

A exministra española de Exteriores defende que a política internacional está nunha situación de mudanza en que as accións en materia de defensa e enerxía deben ser prioritarias


Edificio da Garda Civil (Europa Press)

Deteñen dúas veces un home de 63 anos por roubo en Porto do Son

18/06/2025 09:58

O detido é un veciño de Fisterra ao que detiveron en dous días consecutivos

Acúsano de roubo no centro de saúde de Porto do Son e nunha vivenda da localidade


(Vía Reuters)

Israel volve atacar Teherán tras ordenar a evacuación de parte da capital iraniana

18/06/2025 09:52

No leste da capital iraniana notificáronse varias explosións e Israel informa de que atacou unha planta de centrifugadoras nucleares

Irán di que as instalacións nucleares non foron danadas, pero advirte de risco de radiación

O líder supremo de Irán asegura que "non terán contemplacións" con Israel

Categorías:  Política   Mundo
Etiquetas:  ISRAEL   IRÁN

A secretaria xeral do PPdG, Paula Prado, este mércores nunha entrevista no 'Bos días' da TVG

Paula Prado: "O que pedimos é máis dimisións e eleccións, porque isto xa non se sostén"

18/06/2025 09:44

A secretaria xeral do PPdeG sospeita que pode haber implicados no seo do Goberno: "Isto de cinguilo a tres persoas é surrealista"

Prado pídelle ao Bloque que retire o apoio ao Goberno: "O BNG está pasando de ser cómplice a cooperador necesario"

A número 2 do PPdeG defende a actuación do exconselleiro do Mar trar coñecer a súa imputación: "Foi dilixente, rápido e contundente"

 



Foto de arquivo/ Eduardo Parra / Europa Press

Adriana Lastra asegura que Cerdán orquestrou unha operación de acoso e derriba contra ela

18/06/2025 08:47

Tras sinalar que foi unha sorpresa ver como se referían a ela naqueles autos que coñecemos da UCO, explicou 


Álvaro García Ortiz, na clausura da escola de verán do Ministerio Fiscal (Gustavo de la Paz / Europa Press)

O fiscal xeral pide arquivar a súa causa: "Non hai indicios obxectivos"

18/06/2025 08:45

A Avogacía do Estado considera que o auto de Ángel Hurtado inclúe imputacións carentes de base e fundamento

O recurso sostén que polo menos unha decena de xornalistas coñecían as negociacións antes que García Ortiz

A defensa di que non hai constancia de comunicación con xornalistas nin coa Presidencia a noite da filtración


EFE

Sánchez ve o PP como "enciclopedia de corrupción" e Feijóo chámalle "lobo da manda" nun debate tenso

18/06/2025 08:13

O xefe do Executivo enumerou unha serie de presuntos casos de corrupción do PP tanto nacionais como autonómicos e insistiu en retar a Feijóo a que presente unha moción de censura

A bancada do PP en pé pediu este mércores no Congreso a dimisión do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, con berros desde os seus escanos que foron respondidos polos deputados do PSOE con aplausos ao seu líder

Sánchez considera que o caso de Santos Cerdán é "a anécdota, non a categoría", e subliña que non é a Gürtel do PSOE


Coñecemos xa as causas do grande apagamento?, por Maite Cancelo

18/06/2025 08:03

Luns 28 de abril, 12:33 h, España queda sen luz. O apagamento durou, como mínimo, 12 horas


Antiviolencia propón unha sanción de tres meses de clausura a Balaídos

17/06/2025 23:29

Os feitos aconteceron no último partido de Liga xogado na casa contra o Raio Vallecano

Ademais da clausura o club tería que pagar unha multa de 350.000 euros

Categorías:  Deportes   Celta

A expresidenta arxentina Cristina Fernández saudando desde o balcón da súa casa (Manuel Cortina/Europa Press)

Cristina Fernández comeza a cumprir prisión domiciliaria tras confirmarse a súa sentenza

17/06/2025 23:26

Foi condenada a seis anos de prisión e inhabilitación perpetua para exercer cargos públicos

Cristina Fernández foi acusada por irregularidades na adxudicación de obras viarias durante o seu Goberno


Jesús Arribas, aposta pola xuventude no banco do Arenteiro

17/06/2025 23:12

Irmán de Alejandro Arribas, formouse no Raio Majadahonda, co que xogou a fase de ascenso a 1ª RFEF hai unhas semanas

Etiquetas:  CD ARENTEIRO

España empata con Italia e acaba como primeiro de grupo no Europeo sub-21

17/06/2025 22:53

O bético Jesús Rodríguez marcou o gol da selección de Santi Denia

Categorías:  Deportes   Fútbol

A xente marcha durante unha protesta pedindo unha reforma da lei do aborto en Londres (Susannah Ireland/Reuters)

O Parlamento británico vota a favor de despenalizar o aborto en Inglaterra e Gales

17/06/2025 22:43

Esta despenalización elimina a consideración nestas nacións do aborto como delito penal

A emenda saíu adiante con 379 votos a favor frente a 137 en contra


O futuro de Carreira decídese esta semana: "A primeira opción segue sendo o Celta"

17/06/2025 22:16

O seu representante Juanfran Moreno asegurou no programa Ao contraataque que o lateral ten moitas ofertas pero "o Celta valórao moito" e asegura que esta semana "haberá fumata branca"

Categorías:  Deportes   Celta


Un dos nenúfares xa florecidos no estanque do viveiro Adoa de Mos

A floración dos nenúfares en Galicia

17/06/2025 21:02

Orixinarias de Asia, no noso clima florecen a finais da primavera e no verán

O único exemplar de nenúfar xigante de España está en Vigo



Falece un home de 76 anos en Baiona tras ser rescatado da auga con síntomas de afogamento

17/06/2025 20:58

Todo apunta a que a vítima tivo unha indisposición mentres se bañaba

O equipo médico intentou repetidamente a reanimación cardiopulmonar e foi trasladado ao centro de saúde da localidade, pero faleceu


(Europa Press-Arquivo)

As eléctricas din que cumpriron e cuestionan decisións de Red Eléctrica no apagamento

17/06/2025 20:54

Din que "optou por xestionar a tensión cunha capacidade síncrona limitada e unha repartición xeográfica desequilibrada. Como resultado, o sistema quedou "nunha situación de vulnerabilidade"

Así se fixo a escuridade na Península: deficiencias no control de tensión causaron o apagamento


As catro denominacións de orixe de queixos galegos xeraron 58 millóns de euros

17/06/2025 20:28

Aumentaron a produción e as vendas, sobre todo nas variedades do Cebreiro e Arzúa-Ulloa


O deputado do BNG Néstor Rego na sesión do Congreso deste martes. EFE/Fernando Villar.

O BNG non vai participar na rolda de contactos convocada por Sánchez

17/06/2025 20:26

O partido nacionalista critica a rolda de encontros como unha escenificación sen contido real


Unha febre pon en dúbida a presenza de Mbappé na estrea do Mundial de Clubs

17/06/2025 20:26

O dianteiro francés non participou no último adestramento

Vinicius e Rodrygo agardan polo acompañante na dianteira para o partido contra o Al Hilal

Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  REAL MADRID

O cadáver foi atopado por efectivos da Garda Civil

Atopan no río Limia un cadáver que podería ser o do home de 40 anos desaparecido en Xinzo

17/06/2025 20:24

O corpo apareceu á altura do Parque do Toural e foi localizado polo equipo de submarinistas da Garda Civil

Publicidade
Publicidade