Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ana Palacio: "Necesitamos defensa europea, e aí Galicia debe ser unha boa punta de lanza"

Ana Palacio: "Necesitamos defensa europea, e aí Galicia debe ser unha boa punta de lanza"

A exministra española de Exteriores defende que a política internacional está nunha situación de mudanza en que as accións en materia de defensa e enerxía deben ser prioritarias

G24.gal 18/06/2025 10:30 Última actualización 18/06/2025 11:29

"Temos que ser conscientes de onde estamos e de que o mundo cambiou", asegurou este mércores a exministra española de Exteriores, Ana Palacio, nunha entrevista no Bos días.

"O mundo xiraba arredor da xeoeconomía, á prosperidade e o comercio internacional, e hoxe xira entorno á estabilidade e ao control, e ás novas tecnoloxías usadas para eses fins, e é algo que temos que interiorizar".

"Temos que entender que en Europa non podemos seguir cortando o dividendo da paz e dependendo a nosa seguridade dos Estados Unidos",  defendeu Palacio.

"Quere isto dicir que non debemos ocuparnos dos aranceis de Trump? Non, temos que facelo", afirmaba a exministra, quen aproveitou para eloxiar as medidas da Xunta nese sentido. Non obstante, sinalou que debe atenderse ese e outros problemas mundiais "sen prexuízo de darnos conta de que o mundo cambiou e temos que ter claras as nosas prioridades, e unha delas é que antes non pensabamos que tiñamos que gastar en defensa, agora si".

Palacio ve nesta situación "unha oportunidade para España e para Galicia, e temos que ter un equilibrio razoable entre transición enerxética e emprego, e emprego electrointensivo", no que puxo como exemplo da planta de Alcoa en San Cibrao.

Respecto á esa transición enerxética tamén cre que Europa debe adoptar unha ruta máis realista e adaptada ao mundo actual: "O camiño de Europa é un camiño pensado para o mundo de onte, onde non había este emprego da enerxía como arma de guerra, e temos que afacernos a esta nova situación, na que teremos, sen comprometer os nosos obxectivos, buscando camiños realistas, o apagamento de España foi un aviso".

"O realismo do equilibro entre as distintas fontes enerxéticas ten que ser unha prioridade. Necesitamos industria electrointensiva, necesitamos aceiro, e necesitamos defensa europea, e aí Galicia debe se unha boa punta de lanza", concluíu Ana Palacio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade