Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os alcaldes do Morrazo din que non hai volta atrás coa suba do recibo do lixo e condenan as protestas veciñais

Os alcaldes do Morrazo din que non hai volta atrás coa suba do recibo do lixo e condenan as protestas veciñais

Con incrementos de ata o 500 por cento, hai negocios que pasan de pagar 300 euros a máis de 2.000 en cada recibo

Os tres alcaldes do BNG aseguran que o funcionamento do servizo pasa pola suba do recibo para renovar os contedores, modernizar a flota ou manter os centros de compostaxe

G24.gal 14/10/2025 20:36

Os tres alcaldes que conforman a mancomunidade do Morrazo aseguran que o funcionamento do servizo pasa pola suba do recibo do lixo que permitirá renovar os contedores, modernizar a flota ou manter os centros de compostaxe entre outras melloras. 

A suba na taxa preocupa entre os negocios do Morrazo. Hai establecementos que pagan cotas fixas e outras variables. Con incrementos de ata o 500 por cento, hai negocios que pasan de pagar 300 euros a máis de 2.000 en cada recibo.

A nova ordenanza foi aprobada nun pleno, con centos de veciños e profesionais protestando. A tensión incrementouse e os rexedores de Bueu, Cangas e Moaña saíron escoltados pola Garda Civil. Os tres alcaldes condenaron os feitos e rexeitaron a violencia das protestas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar