Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hamas entrega á Cruz Vermella outros catro corpos de reféns en Gaza

Hamas entrega á Cruz Vermella outros catro corpos de reféns en Gaza

Os restos serán trasladados polo Exército israelí a territorio de Israel

Xa son oito os corpos entregados polo grupo islamita, mentres que outros vinte permanecen na Franxa

Trump a Hamas: "Se non entregan as armas, nós quitarémosllas"

REUTERS/Dawoud Abu Alkas REUTERS/Dawoud Abu Alkas
G24.gal 14/10/2025 22:39 Última actualización 14/10/2025 22:54

O grupo islamita Hamas entregou este martes á noite á Cruz Vermella outros catro corpos de supostos reféns dentro da Franxa de Gaza, que serán trasladados polo Exército israelí a territorio de Israel, segundo informou a institución militar nun comunicado.

Se se confirman as identidades, xa serían oito os restos mortais de reféns entregados por Hamas a Israel, mentres outros vinte seguirían na Franxa.

Trump a Hamas: "Se non entregan as armas, nós quitarémosllas"

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, advertiu este martes a Hamas de que, se non entrega as armas tal e como establece o plan de paz para a Franxa de Gaza, serán obrigados a facelo de forma «rápida» e pola forza.

Trump asegurou que Hamas «ao máis alto nivel, a través da miña xente», garantiu que cumprirá co compromiso de desarme.

"Se eles non entregan as armas, nós quitarémosllas. ¿Como o faremos? Non teño que explicalo, pero se non acceden ao desarme, nós desarmaremolos. Eles saben que non estou de broma", respondeu ás preguntas da prensa durante un encontro na Casa Branca co seu homólogo arxentino, Javier Milei.

O presidente insistiu en que, se teñen que intervir para que o grupo palestino deposite as armas, esas intervencións "ocorrerán rápido e quizais con violencia", sen concretar prazos.

Entregáronse 4 dos 24 cadáveres: "O traballo non está rematado"

Trump destacou a entrega de reféns israelíes como cumprimento da primeira fase da súa proposta. «Fixemos algo monumental. Recuperamos aos reféns. Iso era o primeiro que tiñamos que facer», reiterou.

Pero o presidente afirmou que o traballo non está rematado. ¡Os falecidos non foron entregados como se prometeu! A fase dous comeza agora mesmo».

O acordo prevé a devolución dos reféns falecidos, pero ata agora só se entregaron catro dos 28 cadáveres que retía Hamas, o que xerou tensións sobre o cumprimento do pactado.

Se progresa, a segunda fase estipula a desmilitarización da Franxa, a despregadura dunha forza internacional de estabilización e un plan de reconstrución con apoio doutras nacións árabes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade