Publicador de contidos

Publicador de contidos

Antiviolencia propón unha sanción de tres meses de clausura a Balaídos

Antiviolencia propón unha sanción de tres meses de clausura a Balaídos

Os feitos aconteceron no último partido de Liga xogado na casa contra o Raio Vallecano

Ademais da clausura o club tería que pagar unha multa de 350.000 euros

G24.gal 17/06/2025 23:29

A Comisión Antiviolencia acordou este mércores propoñer unha sanción de 350.000 euros ao Celta de Vigo e a clausura por un período de tres meses do estadio de Balaídos por unha serie de incidencias co motivo do partido contra o Raio Vallecano, correspondente á penúltima xornada do campionato de Liga. 

Antiviolencia castiga así ao Celta "por non establecer as necesarias medidas de control de acceso e permanencia de espectadores e impedir que se ocupasen as vías de evacuación da bancada Marcador Baixo, que estiveron colapsadas por seareiros durante todo o encontro". 

Tamén "por permitir que un empregado do club facilitase o acceso a numerosos afeccionados desde a bancada de Río Baixo á bancada de Marcador Baixo. Ademais permitiuse o acceso ao estadio dun grupo dunhas 36 persoas desde un portal de acceso de vehículos ao interior do estadio cara a bancada de animación, todo sen ningún tipo de control nin observación das condicións de acceso -sen entrada ou título válido e sen acceder polos tornos-". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade