Publicador de contidos

Publicador de contidos

España empata con Italia e acaba como primeiro de grupo no Europeo sub 21

España empata con Italia e acaba como primeiro de grupo no Europeo sub 21

O bético Jesús Rodríguez marcou o gol da selección de Santi Denia

G24.gal 17/06/2025 22:53

A selección española sub 21 clasificouse este martes como primeira do Grupo A do Campionato de Europa que se disputa en Eslovaquia despois de empatar diante de Italia (1-1) na terceira e última xornada da primeira fase. Enfrontarase agora ao segundo do Grupo B nos cuartos de final. Un partido que se xogará o vindeiro sábado e diante dun rival que se coñecerá o mércores. 

Jesús Rodríguez, xogador do Betis, anotou o gol do equipo de Santi Denia despois dunha gran xogada colectiva liderada por Alberto Moleiro, recente fichaxe do Vilarreal. Niccolo Pisilli marcou o gol do empate para Italia no minuto sesenta, seis despois do tanto de Jesús Rodríguez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade