Publicador de contidos

Publicador de contidos

Igualdade levará ao Consello de Ministros unha lei para abolir a prostitución

Igualdade levará ao Consello de Ministros unha lei para abolir a prostitución

A proposta forma parte dun paquete de medidas contra o machismo que Ana Redondo prevé presentar en setembro

 

Arquivo/Jesús Hellín/Europa Press Arquivo/Jesús Hellín/Europa Press
G24.gal 18/06/2025 11:41

A ministra de Igualdade, Ana Redondo, anunciou que o seu departamento levará o próximo mes de setembro ao Consello de Ministros unha batería de medidas contra o machismo que incorporará un anteproxecto de lei para a abolición da prostitución.

Redondo explicou en conferencia de prensa que esas medidas permitirán "avanzar con paso firme cara á abolición da prostitución e cara a unha maior calidade democrática e feminista".

Tras tentar lexislar nesta materia a través de proposicións de lei que non frutificaron, nesta ocasión a iniciativa partirá do Goberno como anteproxecto de lei.

"Creo que hai que facer da necesidade virtude, creo que é o momento, posto que eses audios póñennos fronte ao espello. É o momento de reaccionar en todos os sentidos e coa maior contundencia", dixo Redondo en relación ao informe da UCO sobre José Luis Ábalos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade