Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jesús Arribas, aposta pola xuventude no banco do Arenteiro

Jesús Arribas, aposta pola xuventude no banco do Arenteiro

Irmán de Alejandro Arribas, formouse no Raio Majadahonda co que xogou a fase de ascenso a 1ª RFEF hai unhas semanas

G24.gal 17/06/2025 23:12

O Arenteiro aposta por un adestrador moi novo (28 anos) para a vindeira temporada. Jesús Arribas substitúe a Raúl Jardiel no terceiro proxecto do equipo do Carballiño na 1ª RFEF. Arribas formouse como adestrador nas categorías inferiores do Majadahonda e a pasada temporada recibiu o encargo de dirixir o primeiro equipo en Segunda Federación. 

O resultado foi satisfactorio. O Majadahonda acabou no cuarto posto do Grupo V da 2RFEF e xogou a fase de ascenso hai unhas semanas. Superou a eliminatoria diante do Sant Andreu pero quedou eliminado na final polo ascenso diante do Avilés. 

Jesús Arribas é irmán de Alejandro Arribas, ex xogador do Deportivo e que no mes de marzo saltou ás novas dos xornais polo seu interese en facerse coas accións do Arenteiro cando se convirta en Sociedade Anónima Deportiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade