O C. D. Arenteiro celebrará unha asemblea extraordinaria para nomear novo presidente
Terá lugar o xoves 25 de xuño ás 20:00 a primeira convocatoria e as 20:30 a segunda
Foto do C.D Arenteiro
O Club Deportivo Arenteiro celebrará o xoves 25 de xuño unha asemblea extraordinaria de socios para definir a elección do novo presidente. Os pretendentes poderán presentar a súa candidatura ata o 24 de Xuño ás 23:59
A asemblea contará con varios puntos do día nos que se inclúe un informe deportivo, social e económico do club e a ratificación da dimisión do antigo presidente, Argimiro Marnotes Fernández. Tamén se darán conta das propostas dos candidatos á Presidencia do club e a defensa das súas propostas. A elección do presidente será por votación dos socios.
Tras coñecer a débeda do club de 1,7 millóns de euros, non paran as reunións para buscar posibles investidores co obxectivo de poder competir a próxima tempada en Segunda Federación. Se non son capaces de liquidar o déficit, no poderán evitar o descenso administrativo.