Unha febre pon en dúbida a presenza de Mbappé na estrea do Mundial de Clubs
O dianteiro francés non participou no último adestramento
Vinicius e Rodrygo agardan polo acompañante na dianteira para o partido contra o Al Hilal
Un proceso febril impediu a Kylian Mbappé participar no adestramento do Real Madrid na véspera da estrea do equipo de Xabi Alonso no Mundial de Clubs da FIFA contra o Al Hilal saudí. O xogador ten moi complicado recuperarse e ser titular nese primeiro partido do conxunto branco. Agardábase un tridente con Mbappé a carón de Vinicius e Rodrygo pero o novo adestrador baralla outras opcións como a de Brahim.
Na sesión do martes estiveron o resto de xogadores da convocatoria do Real Madrid nos Estados Unidos, incluído un Camavinga que continúa traballando para recuperar o seu mellor estado de forma. Huijsen, Ceballos e Brahim foron os que falaron diante dos numerosos medios de comunicación que seguen a un equipo que esperta moito interese nos Estados Unidos. Considerado como un dos favoritos ao título debuta este mércores no Hard Rock Stadium ás 21:00 horas hora galega.