Novas
.png)
12/06/2025 08:14
Na conversa gravada, transcrita nun informe remitido pola UCO ao Supremo, escóitase falar a Cerdán, Ábalos e Koldo de que ata catro construtoras lles deben diñeiro
O PSOE nega as acusacións e di que se pronunciará cando coñeza o informe da UCO
Sumar esixe ao PSOE que aclare ipso facto as noticias sobre Cerdán, pola súa gravidade; outros socios do Goberno piden tamén aclaracións
Cerdán asegura que non participou en ningunha adxudicación ilegal e que non ten medo

As dúbidas de Inditex, por Venancio Salcines
12/06/2025 08:00

Máis de 100.000 persoas asistirán esta fin de semana en Santiago ao Son do Camiño
11/06/2025 22:48
Aínda quedan dispoñibles entradas para as xornadas do xoves 12 e o venres 13, mentres que as do sábado están esgotadas

Seguen baixando as temperaturas e volven as chuvieiras
11/06/2025 22:22

Brian Wilson, cofundador de The Beach Boys, falece aos 82 anos
11/06/2025 21:23
A súa familia anunciou a través de Instagram o deceso do famoso músico estadounidense

O Baxi Ferrol, protagonista na gala de premios da Federación Galega de Baloncesto
11/06/2025 21:06
O equipo ferrolán levou a consideración como o mellor club e o seu adestrador, Lino López, tamén foi galardoado
Sergi Quintela e Esther Castedo foron recoñecidos no eido individual

Unha cabezada de Tárrega permítelle a España comezar con triunfo no Europeo sub-21 (2-3)
11/06/2025 20:44
A selección española comezara cun 0-2, pero Eslovaquia equilibrou o partido que se mantivo igualado ata o minuto 90

O Centro de Investigacións Mariñas fai 50 anos como "referente internacional"
11/06/2025 20:43
Actualmente ten en marcha 22 accións de investigación, entre elas unha única no mundo sobre o cultivo do salmonete de rocha

Harvey Weinstein, declarado culpable dun cargo de agresión sexual en Nova York
11/06/2025 20:31
O xurado considerouno non culpable doutro cargo de agresión sexual ao que se enfrontaba
Continuarán deliberando mañá para acordar un veredicto sobre o cargo restante de violación en terceiro grao que se lle imputa
Weinstein cumpre desde 2022 outra condena de 16 anos por violación e agresión sexual nos Ánxeles

Refachos do sur forte na costa atlántica
11/06/2025 20:30

Amnistiados 35 cargos do Govern de Puigdemont procesados por organizar o 1-O
11/06/2025 20:27
A Fiscalía solicitou a amnistía para todos os procesados polos preparativos do 1-O, incluídos Raül Romeva e exconsellers

Balón de osíxeno para Tusk ao superar a cuestión de confianza
11/06/2025 19:11
O primeiro ministro polaco solicitou a moción tras a vitoria nas eleccións presidenciais do conservador Karol Nawrocki

As protestas contra as redadas migratorias esténdense polas grandes cidades dos EUA
11/06/2025 19:09
As manifestacións contra as redadas saltan a Atlanta, Chicago, Nova York e Seattle
Texas ordenou a despregadura da Garda Nacional, convertendo o Estado no segundo con presenza militar
Claudia Sheinbaum afirma que "nunca" chamou a mobilizacións violentas nos Estados Unidos e asegurou que as súas declaracións foron sacadas de contexto

Jenni Hermoso asegura que as xogadoras da selección "soas" faríano "moito mellor"
11/06/2025 18:44
Jenni Hermoso apuntou que, como a seleccionadora, ela ten "tamén a conciencia moi tranquila"

Diego Epifanio, novo adestrador do Obradoiro
11/06/2025 18:20
Epi: “Estou moi ilusionado porque un club como Obradoiro pensase en min para dirixir este proxecto"
O técnico burgalés, que asina por dúas temporadas, logrou tres ascensos á Liga Endesa con San Pablo Burgos, Río Breogán e Leyma Coruña

Adeus á reixa: España, o Reino Unido e a UE pechan un acordo histórico sobre Xibraltar
11/06/2025 17:11
O ministro Albares asegurou que con este acordo "desaparecerá a reixa, o último muro da Europa continental"
En virtude do acordo, que chega cinco anos despois do Brexit, España realizará os controis Schengen
.png)
Investigan a agresión e roubo a un mozo por parte de tres encapuchados en Lugo
11/06/2025 16:55
Os agresores obrigárono a subir ata o adarve da muralla, onde presuntamente o golpearon con violencia e subtraéronlle o seu teléfono móbil

Un paciente agride un médico de urxencias do hospital de Cee
11/06/2025 16:23
O agresor deulle ao doutor unha puñada nun ollo e insultouno
Na Coruña un mozo foi detido por agresión a persoal sanitario nun centro de saúde

As vendas de cervexa caen por segundo ano consecutivo
11/06/2025 16:15
Hoxe presentouse o informe socieconómico sobre o sector da cervexa
As vendas e o consumo descenderon en España, agás a cervexa sen alcol, que aumentou un 4 %

11/06/2025 16:08

Detido un veciño de Ponteareas por lesións e ameazas con arma branca
11/06/2025 15:55
A vítima da agresión presentaba unha ferida na cara e dixo que o presunto agresor o ameazara cun puñal
Este mércores o investigado pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade
Queda pendente concretar os delitos que se lle imputan, debido a discordancias nas versións das partes

Descontos de ata o 90 % en trens e autobuses para que os mozos viaxen este verán
11/06/2025 15:34
O Ministerio de Transportes lanza unha nova edición da campaña Verano Joven
Poden apuntarse viaxeiros de entre 18 e 30 anos, españois ou con residencia legal
Ofrece descontos no transporte público de xullo a setembro

Trump anuncia aranceis do 55 % á China como parte do novo acordo comercial
11/06/2025 15:22
A China manterá un gravame do 10 % aos produtos estadounidenses
O acordo inclúe a aprobación de visas a estudantes chineses matriculados en universidades dos EUA
Nos dous días de reunións discutíronse os controis a minerais de terras raras e aos semicondutores, intentando relaxar tensións entre os países

O envellecemento da poboación e a vivenda complican o desenvolvemento de Galicia
11/06/2025 14:52
O Atlas Urbano da sostibilidade apunta a necesidade de mellorar a mobilidade nas áreas metropolitanas

Samuel Merino: "A infancia produce máis dor vista dende a adultez"
11/06/2025 14:38
O poemario é un percorrido de estrutura circular, un breviario sobre a construción da identidade e da influencia da contorna
'Manual de camuflaxe', editado por Xerais, gañou o XIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey do Concello de Fornelo de Montes

Non todos os ocupas do inmoble calcinado da rúa Barreira, na Coruña, aceptaron ir a un albergue
11/06/2025 14:32
Os veciños do número 29 da rúa San Nicolás non saben cando poderán regresar os seus fogares
A Policía Científica segue coa investigación

O sector da vivenda debate na Coruña solucións contra a carestía
11/06/2025 14:30
O prezo da vivenda leva subindo 44 meses consecutivos en Galicia

Ruth Varela: "O estudio Oikos prestoue especial atención dos usos do mercado de Ourense"
11/06/2025 14:29
A rehabilitación do estudio Oikos puxo en valor o espazo exterior do Mercado de Ourense, un edificio que estaba practicamente na ruína
O proxecto contemplaba tamén un aparcadoiro soterrado e unha superficie comercial
A dificultade foi xerar puntos de accesibilidade pola pendente do terreo cara ao río Barbaña e volver permitir a ventilación natural

Gónzalez e Cavaco Silva celebran os 40 da adhesión de España e Portugal á CEE
11/06/2025 14:27
O 12 de xuño de 1985 puxo fin a 25 anos de negociacións para a integración da daquela Europa dos Doce

Deteñen un quinto implicado na pelexa de Pontevedra e buscan un sexto
11/06/2025 14:21
Trátase dun mozo de nacionalidade colombiana de entre 20 e 25 anos
A Policía Nacional xa traballa na busca do sexto implicado, identificado pola aparición de novas probas

Atribúenlle a unha muller embarazada varios furtos en Lugo
11/06/2025 14:15
Os feitos rexistráronse no barrio da Milagrosa e entre as vítimas hai persoas maiores ás que sorprende na rúa
A veciñanza está a alertar da presenza da moza

11/06/2025 14:13
Un camioneiro estraga co vehículo a base da ponte de Eduardo Pondal e déixao pendurando sobre a vía

Condenado a tres anos de cárcere o condutor do autobús que causou cinco mortes en Avilés en 2018
11/06/2025 14:12
O condutor seguiu coa súa actividade profesional a pesar de que fora advertido dos efectos da medicación receitada para tratar a epilepsia
O acusado non aceptaba o diagnóstico debido ás consecuencias que podía carrexar na súa actividade laboral

O Cabildo da Palma pide a intervención do Estado para garantir a subministración eléctrica na illa
11/06/2025 14:11
O apagamento deste martes foi o terceiro que afecta a illa canaria en menos dun mes, pero tamén o que deixa máis damnificados: 50.000

Fernando Soriano: "Contamos con Yeremay, non imos negociar a súa venda"
11/06/2025 14:05
O dianteiro do Deportivo rexeitou unha oferta do Como italiano

Andrei Radu: “O Celta ten moita fame de éxito, podemos divertirnos moito”
11/06/2025 13:51
"Paso a paso, o Celta está a converterse nun club moi grande", di o novo porteiro celeste

Organizaban pelexas clandestinas de galos con apostas no alpendre da súa casa de Coristanco
11/06/2025 13:50
Facían apostas de milleiros de euros por galos que no mercado ilegal poderían superar os corenta mil euros
A Garda Civil atopou uns vinte galos e polos que usaban para as apostas no Piñeiro, en Coristanco, A Coruña

Pilar Alonso: "Sempre tiven curiosidade por saber que é o ser de verdade: non fun porque son"
11/06/2025 13:46
Pilar Alonso reflexiona sobre a vida, exhibida e ocultada na mostra 'Non fun'
No apartado sonoro colaboraron na mostra Iria Pinheiro e Mónica de Nut
A mostra pódese visitar ata agosto na Casa das Artes de Vigo

Antonio Hidalgo non promete o ascenso, pero si "traballo e ambición"
11/06/2025 13:39
Hidalgo recoñeceu que lle gustaría contar cun equipo curto

Viveiro levanta as restricións para o consumo de auga
11/06/2025 13:38
O concello toma a medida logo de comprobar que "os resultados analíticos das mostras tomadas tanto nos depósitos como os distintos puntos da rede de abastecemento cumpren cos parámetros establecidos"