Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mete o camión por espazo prohibido, roza cunha ponte e deixa danos con risco para o tránsito en Pontevedra

Mete o camión por espazo prohibido, roza cunha ponte e deixa danos con risco para o tránsito en Pontevedra

Un camioneiro estraga co vehículo a base da ponte de Eduardo Pondal e déixao pendurando sobre a vía

Imaxe deste mércores das pegadas por impacto de vehículos que superan os 3,3 metros de alto no tránsito pola rúa Eduardo Pondal en Pontevedra Imaxe deste mércores das pegadas por impacto de vehículos que superan os 3,3 metros de alto no tránsito pola rúa Eduardo Pondal en Pontevedra
G24.gal 11/06/2025 14:13

A ponte sobre a rúa Eduardo Pondal de Pontevedra sumou este martes á tarde unha nova pegada de camión cuxo condutor non se decatara de que o seu vehículo non cabe de alto. A limitación a unha altura máxima de 3,3 metros está sinalizada, aínda que as pólas non deixan o disco descuberto totalmente. Este circulaba cara abaixo.

 "Sentín un golpe e vin que paraba un camión e, coa mesma, seguiu. Non me deu tempo a coller a matrícula nin nada, só vin que era un camión que poñía 'Alquiler frigoríficos'", di Pepe, o zapateiro, que ten o taller ao lado da ponte.

Quedaron partes do revestimento metálico danado inestables e pendurando, polo que foi necesaria a intervención de bombeiros para retiralo.

"Aínda levou bastante tempo, porque había pezas pesadas, xa que ten unha armazón, polo que houbo que montar un sistema de polipastos para descargar as pezas e retiralas para que non houbeses risco", explica Miguel Estévez, xefe de Servizo de Bombeiros de Pontevedra.

Non é a primeira vez que teñen que acudir aquí os bombeiros polo mesmo motivo. Das frecuencias con que vehículos altos baten na base da ponte dan boa conta os veciños.

 "Esta semana houbo dous que circulaban cara a abaixo. Iso dá igual, ás veces veñen por abaixo. Non sei se é debido ao GPS ou que, van para enriba e baten, veñen para abaixo e baten", conta Víctor Moledo, que ten un salón de peiteado ao lado da ponte.

E polo que din, hai choferes que aínda que o marcador de gálibo os alerte, seguen para diante e que a sinalización tamén perdeu eficiencia.

"Aquí ás veces tropezan e seguen, eh",di Pepe.  O marcador de altura no sentido de baixada reduciuse a un cable colgante tras estragalo o vento.

"Cando o amañaron, que xa o fixeron unhas cantas veces, cando os camións chocaban arriba acendíanse as luces laranxa e escintileaban".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade