Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Son do Camiño desafía a chuvia: "A xente ten unha enerxía espectacular"

O Son do Camiño desafía a chuvia: "A xente ten unha enerxía espectacular"

Arredor de 42.000 persoas asistiron á primeira xornada de concertos

O cámping é unha experiencia paralela para espremer as escasas horas sen actuacións

Este xoves abren as portas ás 16:00 para continuar coa música

G24.gal 13/06/2025 16:20

Arredor de 42.000 persoas desafiaron a chuvia na primeira xornada do Son do Camiño. En galego saudaba a banda escocesa Franz Ferdinand un público entregado, que tamén se emocionou coas baladas dun clásico, o roqueiro Bryan Adams. Unha xornada intensa en palabras dos organizadores.

"A xente tiña unha enerxía espectacular. Dende que abrimos ata o final, pasando por todos os grupos", relata Facu Vaira, organizador do festival.

Ata o Monte do Gozo chegan estes tres días festivaleiros de todas partes. Unha cita consolidada no calendario como anticipo do verán.

"Xa é como a cuarta ou quinta vez que veño", comenta unha moza.

"Ha ser a terceira, creo que é a terceira vez", di outro mozo.

"Os concertos, moi ben. Duki, o mellor, unha marabilla", conta un rapaz.

O cámping é tamén unha prolongación do festival, unha experiencia paralela para espremer as escasas horas sen actuacións.

"Temos aí montado o noso 'hall', temos o noso espazo para nós. Os colegas están ao lado. Espertámolos con música a todo volume pola mañá", di un mozo.

"O bonito do cartel é que hai musica para todos os gustos", agradece outro.

As portas abren de novo este xoves ás catro, con propostas para todos os gustos, como Carolina Durante, Bad Gyal ou Ame, no escenario de Son Electro. Pero o prato forte da xornada son os británicos Kasabian, rock alternativo, a partir das once da noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade