Condenado a tres anos de cárcere o condutor do autobús que causou cinco mortes en Avilés en 2018
O condutor seguiu coa súa actividade profesional a pesar de que fora advertido dos efectos da medicación receitada para tratar a epilepsia
O acusado non aceptaba o diagnóstico debido ás consecuencias que podía carrexar na súa actividade laboral

O condutor do autobús Alsa que padecía epilepsia e sufriu un accidente de tráfico en Avilés en setembro de 2018, provocando cinco mortos e catorce feridos, foi condenado a unha pena de tres ano de prisión.
O Xulgado do Penal número 2 de Avilés, condenouno como responsable de cinco delitos de homicidio e doce de lesións por imprudencia grave, ademais do pago de indemnizacións de máis de 122.000 euros e a privatización do dereito de conducir vehículos durante catro anos.
A sentenza, contra a que cabe recurso de apelación, considera probado que o condutor seguiu coa súa actividade profesional a pesar de que fora advertido de que a medicación receitada para tratar a epilepsia "podía afectar a súa capacidade na condución".
O ditame inicide en que o acusado "non aceptaba o diagnóstico debido ás consecuencias que podía carrexar na súa actividade laboral", polo que non informou a empresa.