Primeiras comuñóns que se celebran como se fosen pequenas vodas
As cifras oscilan desde os 3.000 euros ata superar os 12.000
Nunha tenda da Coruña levan máis de catro décadas vestindo comuñóns. Moda na que predominan os clásicos. Mídese o orzamento, pero sen escatimar en detalles.
"Agora nas vodas o que notamos é que case todas son civís e entón as noivas queren ir máis discretas, pero en comuñón normalmente non se escatima nada", di Charo Souto, encargada de Novias Blanquita.
Fotógrafo especializado, Yandri di que as familias buscan experiencias completas: "As comuñóns non as vexo como unha voda, pero a familia si fai énfase nesas experiencias das fotos previas e tamén do día posterior".
Animación infantil, xogos, decoración, música en directo forman parte do banquete. Xerente e propietario de Makkan Club, Óscar Roca, sinala que "as comuñóns pasaron de ser un servizo básico, a ser un servizo que pode ter moitos extras. Hai xente que nos ten reservado comuñóns sen mirar o que custan as cousas".
Hainas que chegan a xuntar 200 comensais. O desembolso non é menor para as familias. As cifras oscilan. Desde os 3.000 euros ata superar os 12.000.