Publicador de contidos

Publicador de contidos

As vendas de cervexa caen por segundo ano consecutivo

As vendas de cervexa caen por segundo ano consecutivo

Hoxe presentouse o informe socieconómico sobre o sector da cervexa

As vendas e o consumo descenderon en España, agás a cervexa sen alcol, que aumentou un 4 %
 

Non sucedía unha caída igual dende a crise financieira do 2008
G24.gal 11/06/2025 16:15 Última actualización 11/06/2025 17:17

O consumo de cervexa descendeu case un 5 % e as vendas un 0,2. Así se reflicte no último informe socieconómico referido ao 24 que acaba de publicar o sector. Con todo é a bebida fría que máis se consome en España

 "Sempre que saio tomo unha clara de limón ou unha cervexa".

"Normalmente tomo cervexas".

"Viño ou cervexa".

"Refresco principalmente, unha cervexa".

"Cervexiña ou un café con leite".

Preguntamos aos hostaleiros se eles notaron ese descenso.

"En xeral, non, a verdade, non é que notáramos un cambio moi significativo no que é o consumo" conta Paz Álvarez, hostaleira.  

Para algúns, incluso todo o contrario.

 "Dun par de anos para aquí as vendas anuais aumentaron, aumentaron bastante. Por exemplo, ao mellor comparado co ano pasado podemos falar dun 10 ou 20 % tranquilamente", explica Óscar Blanco, propietario dunha cervexería.

E é que reunirse arredor dunhas cervexas adoitan ser un costume moi noso.

"Os bares no noso país cumpren unha función de socialización, unha función de xeración de relacións interpersoais como en ningún outro país da nosa contorna. E isto en moitas ocasións prodúcese xusto en torno a unhas cañas", apunta Emilio Gallego, secretario xeral de Hostalería de España.

Segundo este informe o consumo máis contido e moderado de cervexa nótase especialmente nos menores de 50 anos, aínda que afecta a todas as franxas. Moitos pasaron á cervexa sen alcol. De feito as súas vendas incrementáronse un 4 %.

"O 25 % de toda a cervexa sen alcol que se consome en Europa, consómese en España. Consumimos máis cervexa sen alcol que toda a América Latina xunta", informa Jacobo Olalla, director xeral Cerveceros de España.

Malia o pequeno retroceso no consumo, o sector cervexeiro mantén a súa fortaleza. España é o segundo maior produtor da Unión Europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade