Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha planta transformará en Curtis o bagazo da cervexa en proteína vexetal

Unha planta transformará en Curtis o bagazo da cervexa en proteína vexetal

A Xunta aposta por un proxecto que sitúa Galicia á vangarda do sector alimentario

As proteínas vexetais son un sector en crecemento que está revolucionando a industria alimentaria

G24.gal 26/09/2025 14:43

Estrella Galicia, Inproteins e a Xunta alíanse para darlle vida á primeira planta de transformación de proteínas vexetais de Galicia. A materia prima será o bagazo procedente da elaboración da cervexa.

Os expertos aseguran que a nosa comunidade reúne as condicións para transformar este bagazo en proteína vexetal. O presidente de Inproteins, Iñaki Mielgo explica que "Galicia reúne unhas condicións espectaculares, desde o punto de vista tecnolóxico, de recursos e de materias primas como é a auga, un elemento fundamental para que os procesos biotecnolóxicos se poidan levar a cabo". 

O futuro da alimentación pasa por fusionar as proteínas de orixe animal e vexetal. Por iso a Xunta aposta por un proxecto que sitúa a Galicia á vangarda do sector alimentario. Alfonso Rueda asegura que se trata dunha "actividade que no futuro vai ter moita proxección, e a primeira empresa deste tipo con esta potencia e esta capacidade vaise instalar en Galicia". 

A planta comezará a funcionar o vindeiro ano e dará traballo de forma directa a máis de medio cento de persoas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar