Un bufete galego tramita a demanda conxunta dos hoteis españois contra Booking
Pedirán a devolución de entre un 35% e un 50% das comisións pagados entre 2006 e 2024
Máis de 900 empresas do sector sumáronse á reclamación
Hai un ano, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea declaraba que as cláusulas de paridade de Booking infrinxían a lexislación en materia de competencia.
A sentenza impulsou unha acción conxunta dos hoteis europeos contra a plataforma de reservas que en España xestiona un despacho de avogados galego. Máis de 900 empresas do territorio nacional xa se sumaron á reclamación.
Por contrato, as prazas de aloxamento que comercializaba Booking non podían ofertarse a un prezo inferior noutras axencias en liña nin tampouco de forma directa a través da recepción ou da web dos propios hoteis.
A plataforma estadounidense, que controlaba máis de 70% das reservas por Internet, manexaba os prezos, o que limitaba a autonomía dos aloxamentos para fixar tarifas competitivas.
"Había un control de facto dos prezos dos hoteis e a isto hai que sumarlle unha comisión moi alta. Na práctica no había competencia, todos os hoteis vendían as habitacións en Booking e tiñan que soportar esas comisións tan elevadas", explica o avogado Jaime Concheiro.
A reclamación conxunta na que traballa o bufete CSS Avogados busca que os hoteis recuperen entre o 35 e o 50 % das comisións pagadas desde 2006 ata 2024.
"E tamén que de cara ao futuro o mercado teña unha competencia efectiva que permitea reducir a porcentaxe de comisións, que en Europa está no 18%", detalla.
A demanda colectiva española preparase coordinadamente coas accións iniciadas en Europa da man da asociación Hotrec, da que forma parte a Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos.