Publicador de contidos

Publicador de contidos

O turrón de chocolate, polas nubes

O turrón de chocolate, polas nubes

O turrón non se libra da crise do cacao nin tampouco da reduflación

Unha das marcas máis consumidas de turrón de chocolate acada a barreira dos 5 € cada tableta pesando un 30 gramos menos
G24.gal 07/11/2025 14:23

O prezo do turrón de chocolate dispárase este ano. Un dos máis consumidos entre os españois subiu un 88 % no último lustro. Marca o seu máximo histórico e sitúa o prezo da tableta nos 5 euros. 

"Caramba" "Ohh, a 5?, pois non o imos poder comer este ano". "É bastante forte para unha cousa que ao ser de Nadal pois a todo o mundo lle gusta e cómpralo con ilusión". "Non me fixara que subira tanto", sorpréndense os consumidores.

Este Nadal chega con prezos nunca vistos e todo pola crise do cacao, un produto que no 2024 acadou prezos históricos na bolsa neoiorquina, unha das de referencia na venda de cacao en orixe. A tonelada chegou a comercializarse a 10.000 dólares, cando o seu prezo rozaba os 3.000.

"Levan cacao, pero que porcentaxe de cacao levan, entón, realmente esa suba é polo cacao que leva unha mínima parte ou é cousa dos fabricantes que lles dá a gana de subir non?, porque non é un chocolate 80 por cento, nin 70 por cento, a maior parte leva manteiga, leva leite en po", apunta unha muller.

O turrón de chocolate tampouco se libra da reduflación. As tabletas dalgunhas marcas pesan ata un 11 % menos.

"Non o percibes, non lle sacan unha onza porque aí si que o notas, pero se cho fan máis finiño, tampouco". "Realmente ti estás pagando máis por menos cantidade", comentan outras.

Nestes últimos meses a tendencia alcista do prezo do cacao parece que chegou á súa fin cun reaxuste dos prezos á baixa. Haberá que esperar ao Nadal do ano que vén para ver se esta baixada chega finalmente ao consumidor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade