Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o presunto financiador de Alvise por recibir 29 millóns de euros nunha conta privada

Detido o presunto financiador de Alvise por recibir 29 millóns de euros nunha conta privada

O maxistrado cre que aproveitando a súa popularidade en redes sociais fixo unha captación masiva de fondos que eran desviados ao seu patrimonio persoal

O empresario Álvaro Romillo, alias CryptoSpain, tras declarar no Tribunal Supremo o 11 de xullo de 2025 (Jesús Hellín/Europa Press) O empresario Álvaro Romillo, alias CryptoSpain, tras declarar no Tribunal Supremo o 11 de xullo de 2025 (Jesús Hellín/Europa Press)
G24.gal 06/11/2025 12:32

A Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil detivo este xoves o empresario Álvaro Romillo, que admitiu entregar 100.000 euros ao eurodeputado Luis Pérez, coñecido como Alvise, ao descubrirse unha conta en Singapur na que recibiu máis de 29 millóns de euros de dúas empresas vinculadas a el.

Romillo foi arrestado esta mañá no centro de Madrid por orde do xuíz da Audiencia Nacional José Luis Calama.

As actividades de Romillo

O maxistrado investiga o empresario Álvaro Romillo por unha suposta estafa piramidal con criptomoedas a través do chiringuito financeiro Madeira Invest.

Segundo o auto no que o xuíz ordena o arresto, a Policía de Singapur detectou entre o 15 de xullo e o 29 de agosto de 2024, unha conta en que recibiu máis de 29 millóns de euros procedentes de dúas empresas portuguesas.  Estas dúas compañías pertencen a dous cidadáns españois: Álvaro e Domingo Romillo.

O maxistrado ten sólidos indicios de que Álvaro Romillo, "aproveitando a súa popularidade en redes sociais", desenvolveu un "negocio fraudulento de captación masiva de fondos que eran desviados ao seu propio patrimonio persoal".

Fíxoo, presuntamente, entre xaneiro de 2023 e setembro de 2024, "a través da plataforma dixital Madeira Club Invest, que se promovía en Internet como un club privado de investimento.

Gran parte das cantidades recibidas, eran ingresadas polos denunciantes nunha conta bancaria portuguesa desde onde transferían cartos á conta de Singapur.

Considera o xuíz que estes feitos poderían ser constitutivos dun delito continuado de estafa.

Ante o temor de que o acusado non compareza á citación marcada para mañá, venres, este xoves ordenou a súa detención.

O instrutor aprecia posibles delitos de estafa agravada, branqueo e organización criminal. Estima que o número de afectados roza os 30.000. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade