Publicador de contidos

Publicador de contidos

O estaleiro vigués Freire celebra a posta de quilla do buque de apoio a mergulladores da Armada

O estaleiro vigués Freire celebra a posta de quilla do buque de apoio a mergulladores da Armada

Contará con sistemas de última xeración como posicionamento dinámico DP-2, cámara hiperbárica e campá húmida, que lle permitirán realizar operacións de mergullo a gran profundidade e intervencións subacuáticas ata os 90 metros

G24.gal 07/11/2025 19:59

O estaleiro vigués Freire Shipyard acolleu o acto de posta de quilla do novo buque de apoio a mergulladores (NC 739) para a Armada, que ten data de entrega prevista para novembro de 2026.

O contraalmirante Francisco Antón Brage, subdirector de Enxeñería da Xefatura de Apoio Loxístico (JAL) e Dirección de Enxeñería e Construcións Navais (DEC), destacou que o deseño e construción desta embarcación supón para a Armada "unha excelente oportunidade para avanzar na colaboración cos estaleiros privados" e reafirmar o "compromiso co desenvolvemento dunha base industrial e tecnolóxica nacional sólida".

Os directores xerais do estaleiro, Marcos e Guillermo Freire, pola súa banda, explicaron que a posta de quilla do NC 739 "marca un fito".

"É un privilexio acompañar á institución na construción deste buque de apoio a mergulladores, que reforzará a súa autonomía, eficiencia e capacidades operativas", sinalaron.

A Embarcación de Apoio a Mergulladores (EAB) será unha plataforma especializada destinada a apoiar á Escola Militar de Mergullo na formación de todas as disciplinas de mergullo.

Para iso, a nova Unidade estará equipada con sistemas de última xeración como posicionamento dinámico DP-2, cámara hiperbárica e campá húmida, que lle permitirán realizar operacións de mergullo a gran profundidade e efectuar intervencións subacuáticas ata os 90 metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade