Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esgotados en dous días os 2,5 millóns do Bono Comercio da Xunta

Esgotados en dous días os 2,5 millóns do Bono Comercio da Xunta

Os bonos mobilizaron 8 millóns en compras

G24.gal 07/11/2025 20:39

Pouco máis de 48 horas. Foi o que duraron os Bonos Activa Comercio habilitados pola Xunta de Galicia. Nesta edición, que contaba cunha partida de 2,5 millóns de euros chegáronse a mobilizar ata 8 millóns en compras en apenas dúas xornadas.

A partir de agora, aínda que un usuario descargara o bono correctamente, como o crédito xa está esgotado, o desconto xa non se pode aplicar.Esta foi a segunda convocatoria do Bono Activa Comercio no que vai de ano. 

Cada bono ofrece un desconto de 30 euros para as compras realizadas nos comercios adheridos. Estes descontos aplícanse en función do valor da compra: restaranse 5 euros en compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30. Serán 10 euros os descontados se a compra é igual ou superior a 30 e inferior a 50. A partir de aí a rebaixa será de 15 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade