Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cabildo da Palma pide a intervención do Estado para garantir a subministración eléctrica na illa

O Cabildo da Palma pide a intervención do Estado para garantir a subministración eléctrica na illa

O apagamento deste martes foi o terceiro que afecta a illa canaria en menos dun mes, pero tamén o que deixa máis damnificados: 50.000

G24.gal 11/06/2025 14:11

Nunha carta dirixida ao Ministerio para a Transición Ecolóxica, o Cabildo da Palma reclama a intervención do Estado nas empresas en que ten participación para evitar novos apagamentos como o que este martes deixou sen subministración a illa durante tres horas.

“Esiximos tanto ao Estado como á consellería de Transición Ecolóxica do Goberno das Canarias que actúen para que isto nunca máis volva suceder”.

A causa da caída do sistema eléctrico estivo nun fallo do xerador da central térmica dos Guinchos que abastece a illa e que con 50 anos de servizo quedou obsoleta.
A isto vénse sumar unha rede de transporte e distribución deficiente e unha escasa penetración das enerxías renovables.

“Xa non é a primeira, isto ocorreu varias veces. O lóxico é que cambien a central porque non está funcionando ben, está obsoleta e teñen que cambiala”, din os afectados.
 

“Tiñamos un motor actualizado, dos máis modernos, que foise fóra da illa para cubrir outras necesidades e aquí deixáronos con nove motores de corenta, cincuenta anos, obsoletos e que van deixarnos co cu ao aire moito tempo”.

O apagamento deste martes é o terceiro que afecta a illa canaria en menos dun mes, pero tamén o que deixa máis usuarios damnificados, un total de 50.000.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade