Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha avaría deixa sen luz durante horas algúns puntos da cidade de Lugo

Unha avaría deixa sen luz durante horas algúns puntos da cidade de Lugo

Calcúlase que afectou a 4.500 veciños da contorna da avenida das Américas, Magoi e Acea de Olga

En moitas vivendas, o corte durou uns dez minutos, pero noutras zonas prolongouse durante horas

G24.gal 18/05/2025 14:29 Última actualización 18/05/2025 14:50

O corte na subministración eléctrica produciuse ao serán. Comentan unhas veciñas que "arredor das oito e media da tarde" e que as colleu "preparando a cea".

Nunha cafetería da avenida das Américas, os prexuízos foron maiores. Afectou, di unha empregada, á caixa rexistradora, que "non podiamos cobrar", e a lavalouza "non funcionaba".

Foron apenas dez minutos de corte eléctrico. Todo apunta a que puido deberse a unha avaría nunha estación de transformación próxima. Calcúlase que os afectados foron uns 4.500 veciños da contorna da avenida das Américas, Acea de Olga e Magoi. 

Nalgúns casos, a subministración eléctrica tardou varias horas en volver. Non funcionaban as portas automáticas nin outros mecanismos e chegaron a temer que a luz non volvese durante toda a noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade