Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vinculan un deputado do PSOE nas Canarias cunha rede de narcos

Vinculan un deputado do PSOE nas Canarias cunha rede de narcos

Segundo El Mundo, un informe da Policía cree que actuou de mediador coa Delegación do Goberno para aliviar a presión policial sobre clubs de cánnabis onde se vendía droga todo o día 

Gustavo Matos nega calquera relación económica co empresario libanés detido, pero si recoñece que se reuniu unha vez con el para tomar un café

O Delegado do Goberno en Canarias di que "non hai caso" e apoia o vicepresidente do Parlamento 

Gustavo Matos explicou en conferencia de prensa como foi o seu encontro co empresario libanés Mohamed Derbah
G24.gal 20/05/2025 14:32

O centro da polémica política trasládase a Canarias. El Mundo di que a Policía implica nunha rede de narcotráfico ao deputado socialista e vicepresidente segundo do Parlamento autonómico, Gustavo Matos

Segundo o xornal, foi sinalado nun informe da Policía coma intermediario coa Delegación do Goberno para aliviar a presión policial sobre clubs de cannabis de Tenerife, a petición do empresario libanés, Mohamed Derhab, no cárcere desde o 1 de maio. 

Matos recoñece que se reuniu unha vez con el, pero nega calquera relación económica. Denuncia que se trata dunha información segada co único obxectivo de "facer dano".

Segundos Matos, despois dese encontro e coñecer "unha serie de feitos que poderían ser constitutivos de delitos ou actuacións irregulares" por parte de membros do Corpo Nacional de Policía, comprometeuse "a pór os feitos en coñecemento das autoridades". E cando lle dixeron que xa estaban a ser investigados, asegurou que a súa relación co empresario rematara. 

Fontes de Ferraz precisaron que o expediente informativo incoado a Matos non é sancionador e que nese procedemento poderá ofrecer tamén esas explicacións "polo canle oficial do partido".

Agora un instrutor será o encargado de avaliar as explicacións ofrecidas polo deputado canario para ver se pecha a investigación ou se pola contra eleva o caso ao Comité de Ética e Garantías do partido.

O instrutor farase cargo da tramitación do expediente "de forma transparente e garantista" co dereito á honra e a defensa da persoa afectada, segundo sinalou este martes o partido nun comunicado.

Para a voceira do Executivo, Pilar Alegría, tanto este caso, coma a filtracións dos whatsapps, forman parte dunha estratexia da "dereita e ultradereita" deste país para "desgastar a este Goberno". 

O PP acusa a Sánchez de tapar os escándalos con Eurovisión

O PP acusa a Sánchez de intentar tapar os seus escándalos co festival de Eurovisión. Di o líder do PP que este certame é o novo "Franco do Goberno"

El Español afonda no rescate de Air Europa. Asegura que os dirixentes da empresa mantiveron 9 reunións con Koldo e Ábalos durante os 140 días que durou a negociación. A última unha semana antes de que o Consello de Ministros o aprobase. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade