Publicador de contidos

Publicador de contidos

Transportes adxudica por 13,7 millóns a conservación de 200 quilómetros de estradas en Lugo

Transportes adxudica por 13,7 millóns a conservación de 200 quilómetros de estradas en Lugo

Case 90 correspóndense co trazado da Autovía do Noroeste -A6-, desde o quilómetro 455 (O Cereixal) ata o 540, no límite coa provincia da Coruña

O contrato tamén contempla intervencións na LU-11, en Lugo, e nas estradas N-6 e N-640, na capital lucense, Meira, Pol e Castro de Rei

O tramo da A-6 na provincia de Lugo acumulará a maior parte dos investimentos O tramo da A-6 na provincia de Lugo acumulará a maior parte dos investimentos
G24.gal 20/05/2025 15:47

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible adxudicou por 13,7 millóns de euros un contrato para a conservación e explotación de algo máis de 200 quilómetros de estradas do Estado na provincia de Lugo, dos cales case 90 son de autovías.

Segundo a información facilitada polo propio Ministerio nun comunicado, a duración do contrato é de 3 anos, con posibilidade de prórroga de 2 anos e outra adicional por un máximo de 9 meses.

En concreto, ese contrato foi adxudicado para o mantemento e conservación de 200 quilómetros de estradas, dos cales case 90 correspóndense co trazado da Autovía do Noroeste -A6-, desde o quilómetro 455 (O Cereixal) ata o 540, no límite coa provincia da Coruña, un tramo que pasa polos municipios de Becerreá, Baralla, O Corgo, Castroverde e Guitiriz, entre outros.

O contrato tamén contempla intervencións na LU-11, no municipio de Lugo, e nas estradas N-6 e N-640, na capital lucense, Meira, Pol e Castro de Rei. Ademais, inclúe as obras de renovación dos pasos de mediana na A-6 na contorna do túnel de Neira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade