Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas catro persoas e interceptadas seis narcolanchas no mar de Alboran, en Almería

Detidas catro persoas e interceptadas seis narcolanchas no mar de Alboran, en Almería

Na operación, a Garda Civil tamén se incautou de 1.600 litros de gasolina e de 346 kilos de haxix 

Os detidos están acusados de tráfico de drogas e contrabando

Imaxe da operación da Garda Civil no Mar de Alborán, Almería Imaxe da operación da Garda Civil no Mar de Alborán, Almería
G24.gal 18/05/2025 11:04

A Garda Civil, en colaboración co Servizo de Vixilancia Aduaneira, detivo catro persoas e incautouse de seis embarcacións dedicadas ao narcotráfico fronte ás costas de Almería, no mar de Alborán, así como de 1.600 litros de gasolina e de 346 quilos de resina de haxix.

As embarcacións interceptadas neste operativo contra redes criminais dedicadas ao tráfico de drogas e ao contrabando son de tipo pneumático e semirríxido, segundo informou nun comunicado o instituto armado.

Unha das narcolanchas incautadas pola Garda Civil dedicada ao Unha das narcolanchas incautadas pola Garda Civil dedicada ao "petaqueo"

Comisáronse tamén 346 quilos de resina de haxix e 1.600 litros de gasolina, un combustible empregado habitualmente para abastecer en alta mar a embarcacións tipo "go-fast", é dicir lanchas rápìdas do tipo planeradoras, utilizadas tanto para o transporte de droga como para tarefas loxísticas coñecidas como "petaqueo", son como gasolineiras flotantes, o primeiro escalón na "escola do narcotraficante", considera a Garda Civil.

Esta operación contra o narcotráfico contou con medios por terra, mar e aire, e implicou a unidades especializadas como o Grupo de Acción Rápida (GAR), a Agrupación de Reserva e Seguridade (ARS), o Servizo Marítimo, o Servizo Aéreo e efectivos de Seguridade Cidadá, así como medios do Servizo de Vixilancia Aduaneira.

Fardos de haxís incautados pola Benemérita en Almería Fardos de haxís incautados pola Benemérita en Almería

A Garda Civil asegura que esta operación exerceu presión sobre os roteiros marítimos ilegais da zona, provocando que algunhas embarcacións se replegaran a máis de sesenta millas náuticas da costa española.

Os catro  arrestados están acusados de delitos contra a saúde pública, contrabando, manipulación e transporte de substancias inflamables con risco para a seguridade, danos, desobediencia e atentado contra axentes da autoridade.

Imaxe do interior da embarcación da Garda Civil Imaxe do interior da embarcación da Garda Civil
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade